COLEXIO PLURILINGÜE NOSA SEÑORA DO ROSARIO

"
No solamente unidos sino todos un solo
corazón y una sola alma
." (D. Baltasar Pardal Vidal)

venres, 29 de maio de 2020

RECUPERAR

Xa termina o mes de maio no que moitos estudantes están na fase de recuperación das materias non conseguidas no primeiro e segundo trimestre deste curso escolar.
Outros que non somos estudantes queremos recuperar a presenza física de familiares, dos amigos, dos compañeiros de traballo, don nenos e nenas nas aulas...; tamén estamos a desexar recuperar os abrazos, o sorriso e a mirada próxima daqueles a quen aprecio e dos que nos queren.  
Os nosos pensamentos e desexos lévannos a ir deixando as videoconferencias e o traballo telemático ou todo aquilo que conleve tecnoloxía para volver á esencia, a recuperar a alma. 
Non sabemos como, nin cando, nin se vai ser posible... pois neste intre, o necesario é saber coidarnos e coidar e ter sentidiño.
Aínda así o querer recuperar, leva consigo un paso cara a adiante, unha mirada ampla cara a metas novas e a procura de ferramentas para conseguilo. Sexamos quen de avanzar no camiño con fe e esperanza, de ser apoio no cansazo de quen o necesite e de pedir unha man amiga que acompañe os desánimos.
Para todos un bo día!

Ningún comentario:

Publicar un comentario