COLEXIO PLURILINGÜE NOSA SEÑORA DO ROSARIO

"
No solamente unidos sino todos un solo
corazón y una sola alma
." (D. Baltasar Pardal Vidal)

martes, 31 de maio de 2016

HORARIO DE XUÑO E FESTA DE FIN DE CURSO

Mañá, mércores 1, comeza o horario especial de xuño: 8,50 h. a 13,30 h.


Haberá extraescolares de inglés,baloncesto e baile; tamén os servizos de madrugadores desde as 8,00 h. e luditarde ata as 17,00 h. 


Por motivos alleos, a festa de fin de curso do colexio trasladase ao luns 20 de xuño pola tarde. Grazas

domingo, 29 de maio de 2016

PLAN PROXECTA "O CAMIÑO"

Este ano estivemos a traballar no plan proxecta adicado ao CAMIÑO.
Connosco estivo Óscar qu ensinounos a valorar o entorno que temos e saber diferenciar as estructuras tradicionais das que facemos agora con novos materiais.
Tamén, dende  a oficina de Patrimonio da Xunta  nos facilitaron unha guía que fixo con nós o recorrido da muralla medieval d cidade de Santiagode Compostela; visitamos a tumba do Apóstolo e o museo das Peregrinacións.
Con anterioridade fixemos o percorrido do Camiño do Norte dende Baamonde ata Arzúa como preparación para facelo no verán con nenos doutros colexios da Grande Obra de Atocha.




NOSO PASO POR XENEBRA E O CERN

Estivemos 4 días en Xenebra, visitando o CERN, percorrendo a cidade e coñecendo os lugares mais bonitos do entorno.
Foron días de convivencia e novas experiencias.... 
Os deixamos este pequeno video.... o mais importante queda dentro das nosas retinas.


EXCURSIÓN A VALDEPEÑAS E COMARCA

Fai uns días que chegamos da excursión que fixemos á cidade de Valdepeñas. Alí visitamos as Fillas de Natividade de María quenos acolleron con moito agarimo no seu Centro. Estivemos cos rapaces e voluntarios compartindo xogos, traballo e merenda.
A xente foi moi amable; Antonio invitounos a ver o partido na sua casa; coñecimos a sua muller Marina e a sua filla Isabel.
Percorrimos otros pobos cercanos a Valdepeñas e descubrimos cousas moi interesantes: Consuega; Castellar de Santiago; Cárdenas, Despeñaperros, Viso del Marqués, Las Virtudes, Valdepeñas, Lagunas de Ruidera e Madrid... .... volveríamos outra vez!!!
O pasamos xenial. Podedes ver as fotos e o video.










mércores, 11 de maio de 2016

ESTAMOS CO NOSO EQUIPO CDS-ARZÚA

Os alumnos do colexio Nosa Señora do Rosario - Atocha gravamos un vídeo para animar ao equipo de fútbol CSD Arzúa que este fin de semana xoga un partido decisivo.

 AUPA!

luns, 9 de maio de 2016

DÍA DE EUROPA

Hoxe, celebramos no colexio o DIA DE EUROPA.

Unha representación de alumnos e profesores fomos recibidos polo Alcalde-Presidente de Arzúa e no Concello, no salón de Plenos, límos un manifesto para honrar este día tan importante; xogamos a aprender e a ensinar sobre a C.E. e, tamén nos adiantamos ao DIA das LETRAS GALEGAS cantando "Ou Cuco" de Manuel María para finalizar tan boa acollida.
               Felicidades Europa!



 

 


domingo, 1 de maio de 2016

PASAPORTE SOLIDARIO

Estivo connosco Cristobal Ramírez; namorado do Camiño e do dereito para ser solidarios os uns cos outros. 
Aos maiores falounos do camiño: o seu inicio, as lendas que o envolven, o respecto ás crenzas, o seu auxe nestes momentos da historia; e, .... moitas cososas máis.

Aos máis pequenos recolleunos o Pasaporte solidario...

que traballamos no segundo trimestre. 

Falamos con él, sobre todo, do coidado do medio ambiente, do patrimonio e do respecto aos animais e da axuda ás persoas que viven preto de nós. Tamén lle dixemos que estamos a ensinar a reciclar nas nosas casas, no pobo e no colexio para conservar e coidar a nosa contorna.



Todos lle pedimos que volvese o ano que ven cun "máis difícil". 
Aos nenos encántanos colaborar, axudar e aprender... así facemos un mundo mais xusto e humano.