ABRINDO CAMIÑOS DE COMÚN UNIÓN

"
No solamente unidos sino todos un solo
corazón y una sola alma
." (D. Baltasar Pardal Vidal)

venres, 29 de maio de 2020

RECUPERAR

Xa termina o mes de maio no que moitos estudantes están na fase de recuperación das materias non conseguidas no primeiro e segundo trimestre deste curso escolar.
Outros que non somos estudantes queremos recuperar a presenza física de familiares, dos amigos, dos compañeiros de traballo, don nenos e nenas nas aulas...; tamén estamos a desexar recuperar os abrazos, o sorriso e a mirada próxima daqueles a quen aprecio e dos que nos queren.  
Os nosos pensamentos e desexos lévannos a ir deixando as videoconferencias e o traballo telemático ou todo aquilo que conleve tecnoloxía para volver á esencia, a recuperar a alma. 
Non sabemos como, nin cando, nin se vai ser posible... pois neste intre, o necesario é saber coidarnos e coidar e ter sentidiño.
Aínda así o querer recuperar, leva consigo un paso cara a adiante, unha mirada ampla cara a metas novas e a procura de ferramentas para conseguilo. Sexamos quen de avanzar no camiño con fe e esperanza, de ser apoio no cansazo de quen o necesite e de pedir unha man amiga que acompañe os desánimos.
Para todos un bo día!

xoves, 28 de maio de 2020

ATA MAÑÁ!

Hoxe é deses días en que o mellor é sentirse neno/a, deitarse cos seus bonecos e desexar uns felices soños.
Ata mañá!

mércores, 27 de maio de 2020

AUTONOMÍA OU DEPENDENCIA?

Este tempo de confinamento fíxonos xestionar o noso tempo dunha forma diferente. Nalgunhas familias logrouse maior autonomía persoal e grupal, mellor planificación das actividades e tarefas semanais...; noutras contornas o conseguido foi xustamente o contrario: dependencia, deixamento, desánimo...
Axudemos a que "dos males saquemos bens", que saibamos "dar a volta ao calcetín" e procurar un crecemento autónomo e fortalecido para cada un e para as nosas familias.




martes, 26 de maio de 2020

ECOLOXÍA INTERIOR

Chegados case ao final deste mes de maio estamos a volver a retomar cuestións e actividades que durante estes dous meses non podiamos realizar: ir ao banco, voltar ao colexio, estar cos amigos, arranxar papeis na xestoría, e un longo etc.
Aos poucos dámonos conta de que temos que ir creando unha nova contorna que nos axude a vivir a todos dunha marea sa, óptima e  transcendente.
Para terminar o  día de hoxe déixovos outro minuto de Roberto Aguado, espero que vos guste!

luns, 25 de maio de 2020

VOLVER ÁS AULAS CON MOITA ESPERANZA

Comezamos a última semana do mes de maio deste ano 2020 que quedará no recordo de moitos con multitude de sensacións diferentes.
Para os docentes e para as familias con nenos en idade escolar, estamos na recta final do curso; hoxe volveron ás aulas os alumnos de 2  BAC e dos últimos cursos da FP. Os seus rostros nas noticias eran un poema onde os xestos falaban por si sós de alegría, ánimo, encontro, confianza, seguridade, traballo, estudo, responsabilidade...
Oxalá que, añadida a todas as palabras, siga abundando a de "ESPERANZA" e sexamos fiables nas normas sanitarias que nos aconsellan e, nalgúns casos, obrígannos.
Queres poñer "ESPERANZA" no que  fas? Eu estou contigo.

domingo, 24 de maio de 2020

ASCENSIÓN E MARÍA AUXILIADORA

Este domingo celebramos a festa da Ascensión no que a igrexa tamén conmemora o día dos Medios de Comunicación Social; nosos parabéns a todos os xornalistas e a todos aqueles que se dedican a comunicar boas noticias. Déixovos un debuxo de Fano, como sempre, moi  catequético.



Engado unha foto da Virxe na súa advocación de  Auxiliadora, festa para toda a familia salesiana.
Que saibamos pedir á nosa NAI MARÍA a axuda que  precisaemos, pois ela, sempre estará ao noso lado co seu auxilio maternal.

Bo domingo!

sábado, 23 de maio de 2020

MARAVILLOSO AGASALLO

Neste estado de confinamento e alarma sanitaria suceden no día a día moitas cousas que agora vivimos con máis intensidade que en tempos anteriores: uns aniversarios, unha enfermidade, o nacemento dun bebé, a mesma morte. 
Hoxe o agarimo e o corazón está con todas as familias que están de celebración alegre e festiva; o motivo case dá igual, pois o estar xuntos, compartir un sorriso, comer, xorar, rir, sorprender (se) e amar xa é máis que suficiente para gritar "moitas felicidades"
Que este día sexa un marabilloso agasallo para gozar e compartir.