COLEXIO PLURILINGÜE NOSA SEÑORA DO ROSARIO

"
No solamente unidos sino todos un solo
corazón y una sola alma
." (D. Baltasar Pardal Vidal)

sábado, 26 de marzo de 2016

PASCUA - HAPPY EASTER

Comezamos o tempo litúrxico máis importantes para os cristiáns pois celebramos que Xesús vive: RESUCITOU! ALELUIA!
Sexamos conscientes de que o noso granito de area pode transmitir a moita xente alegría, paz, esperanza, VIDA...
Como dicía d. Baltasar "sexamos "pascuas" de resurrección"



ESTIVEMOS COS "NENOS MAIORES" DA RESIDENCIA

O mércores 16 de marzo gozamos duhnas horas de convivencia cos maiores da Residencia "San José" de Arzúa.
Celebramos o seu 10º aniversario: cantamos cancións, compartimos alegría e cariño.
Grazas por convidarnos!

Copiamos a ligazón de fotos que publicou a Residencia.... aparecen moitas connosco!... 
Que guapos estamos todos!

venres, 25 de marzo de 2016

EXCURSIÓNS DO SEGUNDO TRIMESTRE

O xoves 17 de marzo os alumnos de E. Primaria e de E. Secundaria fomos de excursión.
Vistamos a zona da Costa da Morte, a desembocadura do río Ézaro, a Póboa do Caramiña, unha lonxa, e o museo de Valle- Inclán.
Un día estupendo!








sábado, 19 de marzo de 2016

ESTIVEMOS DE EXCURSIÓN NO COLEXIO

O xoves 17 de marzo os alumnos de infantil estiveron a percorrer o colexio e descubriron... unha CHEA DE SORPRESAS!
E... fixéronse maiores!




venres, 18 de marzo de 2016

A INDIA NAS NOSAS CLASES

Seguimos a traballar no proxecto "a volta o mundo en 80 días..."
Con nós estiveron o P. Edal e o P. Brito, nativos da India. Expricaron as tradicións, festas, economía, cultura e moitas cousas mais do seu pais. Aprendimos moito e agradecemoslles a súa disponibilidade.


PASCUA - HAPPY EASTER

Os alumnos de infantil están adiantándose á PASCUA; estiveron decorando a porta de dirección cos ovos da "HAPPY EASTER".
Aproveitamos para felicitarvos a todas as familias estos días de Semana Santa; que vivamos con fe e con ledicia a maior festa dos cristians: A RESURRECCIÓN DO SEÑOR XESUCRISTO!



xoves, 10 de marzo de 2016

SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA

Traballamos no Colexio a semana da prensa na escola con diversas actividades. 
Deixámosvos o vídeo dun "informativo" realizado polos alumnos de 5º e 6º de Primaria.
Grazas a todos.

martes, 8 de marzo de 2016

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER - 8 DE MARZO 2016


Xa fai anos que conmemoramos este día na "HONRA" das mulleres.
Nós queremos mirar a cada unha dende o corazón; agradecendo a súas vidas e traballos.
Fixemos este vídeo e estes debuxos con agarimo, lembrando a todas as meniñas, rapazas, avoas, nais, ... e mulleres do mundo que están sufrindo, sorrindo, traballando, crecendo, axudando.... e tamén porque queremos agradecer as mellores mulleres do mundo, ou seu amor cara nós: AS NOSAS MAMÁS!
Agradecemos a MJ Perez que nos deixe a sua música para o noso traballo. Esperemos que vos agrade. Pincha para ver o vídeo



xoves, 3 de marzo de 2016

FESTA EN HONOR DE D. BALTASAR (53 anos da súa morte)

Queremos dar as grazas a D. Baltasar por cumprir o "soño" que contemplou diante de Deus no seu querido Barrio de Atocha (A Coruña) e fundar os colexios da Grande Obra de Atocha e outras actividades misioneiras,  no que se inclúe o noso desta gran vila que é Arzúa.
Hoxe celebramos a Eucaristía lembrando a súa persoa e a súa vida entregada a o ensino da catequese, dos nenos e da muller.... Acompañáronnos papás, mamás, avós, sacerdotes e "xentes" de Arzúa e da comarca que, con agarimo e agradecemento, valoran e lembran o paso de D. Baltasar por este pobo.
Todos os nenos, profesores, persoal de cociña, coidadores e de limpeza cantamos, rezamos, pedimos e aplaudimos a Jesús na Eucaristía e a D. Baltasar porque..... "estamos contaxiados, a súa obra é o que nos move".
GRAZAS D. BALTASAR!







4º CICLO DE CINEMA CLASICO - CONCELLO DE ARZÚA

Os nenos de 1º dá ESO asistiron ás charlas sobre o 4º ciclo de Cinema Clásico que organiza o Concello de Arzúa con motivo da 41 edición da Feira do Queixo.
Polas tardes praticiparon das sesións no Telecentro da localidade.
Gracias pola proposta.


FALANDO DA EMIGRACIÓN

Os alumnos de 4º de E. P. estiveron a falar da emigración; investigando os porqués e a repercusión na nosa terra galega. 
Viñeron ata a clase duas persoas que foron emigrantes: A aboa de Marcos que estivo en Portugal moitos anos e a nai de Jadai que desde Venezuela (lugar de nacemento) estivo en varios países ata que chegou a vivir en Arzúa.
Dámoslle as grazas porque nos explicaron moito de como é a vida dunha persoa que ten que estar fora do seu pais para estudar ou traballar. 
Tamén nos dimos conta dos sacrificios que fixeron moitos galegos e outra xente indo buscar traballo a outros paises para dar para comer a os seus fillos e familias.
GRAZAS!