ABRIENDO CAMINOS DE COMÚN UNIÓN

"
No solamente unidos sino todos un solo
corazón y una sola alma
." (D. Baltasar Pardal Vidal)

xoves, 3 de marzo de 2016

FESTA EN HONOR DE D. BALTASAR (53 anos da súa morte)

Queremos dar as grazas a D. Baltasar por cumprir o "soño" que contemplou diante de Deus no seu querido Barrio de Atocha (A Coruña) e fundar os colexios da Grande Obra de Atocha e outras actividades misioneiras,  no que se inclúe o noso desta gran vila que é Arzúa.
Hoxe celebramos a Eucaristía lembrando a súa persoa e a súa vida entregada a o ensino da catequese, dos nenos e da muller.... Acompañáronnos papás, mamás, avós, sacerdotes e "xentes" de Arzúa e da comarca que, con agarimo e agradecemento, valoran e lembran o paso de D. Baltasar por este pobo.
Todos os nenos, profesores, persoal de cociña, coidadores e de limpeza cantamos, rezamos, pedimos e aplaudimos a Jesús na Eucaristía e a D. Baltasar porque..... "estamos contaxiados, a súa obra é o que nos move".
GRAZAS D. BALTASAR!







Ningún comentario:

Publicar un comentario