COLEXIO PLURILINGÜE NOSA SEÑORA DO ROSARIO

"
No solamente unidos sino todos un solo
corazón y una sola alma
." (D. Baltasar Pardal Vidal)

xoves, 30 de abril de 2020

HIXIENE MENTAL

Coñezo a Roberto Aguado (Psicólogo Especialista en Psicólogia Clínica. Presidente Instituto Europeo de Psicoterapia de Tempo Limitado) de diversos cursos formacións para profesorado.
Hoxe quérovos "regalar" este vídeo de 1minuto sobre Hixiene Mental. Acabando o mes de abril e mirando o que vivimos, o que sentimo, o que traballamos, querido... perdido. Espero que sexa unha boa reflexión para terminar este mes e cargar pilas para comezar o reto do mes que chega e de cada día.

mércores, 29 de abril de 2020

DESEXOS E DESESCALADA

Agora que xa falamos de  "desescalada" parece que toda esta situación xa chegou ao seu fin (OXALÁ!); necesitamos prudencia, información , confianza... quizá moitos queremos seguridades e, posiblemente, buscándoas podámonos enganarnos sobre a vida que levamos e queremos conseguir e sobre quen estamos a ser. 
Onte vin esta foto e gustoume (non coñezo a fonte): seguro que se a miramos con atención sentímonos identificados con moitas das palabras escritas nos círculos e que están nas diferentes zonas; grazas a Deus, non somos planos e o noso estado de aprendizaxe, emocional, físico, espiritual...  cambia e vai crecendo nos avatares de cada día. Oxalá pasemos da zona escura á de maior claridade, do círculo máis pequeno ao de maior influencia, de abaixo cara arriba... o meu desexo para hoxe é que a nosa fortaleza estea na fe que sabemos non nos quita dos problemas, nin das situacións dolorosas, nin das incertezas; pero si axúdanos a contemplar a verdade, a actuar con transparencia, a vivir con plena confianza e a conseguir paz.
Bo día!

martes, 28 de abril de 2020

O ABECEDARIO DA ESPERANZA

A primeira vez que chegamos ó colexio, con tres anos, todo parece moi bonito: os xoguetes, as alfombras, os libros... aos poucos nos  socializamos e imos conseguindo as nosas primeiras aprendizaxes... as letras!
Aquí deixámosvos a nosa maneira de explicar un novo abecedario ... queredes aprender connosco? 



luns, 27 de abril de 2020

SENTIDIÑO!

Onte empezaron os paseos dos nenos cos seus pais/nais. Quizá o que hoxe vos conte xa o vístedes repetido nas noticias e nas redes sociais pero creo que, aínda que se repita, vainos a vida nesto.
Sentidiño, foi a palabra elixida polos galegos como palabra do ano; agora toca poñela en práctica...  tede  sentidiño! para...

  • saír unha hora
  • saír cun só proxenitor
  • saír unha vez ao  dia
  • non distanciarse máis de 1km da casa
  • estar a unha distancia de seguridade de 5 ou 6 pasos (2 metros)
  • non compartir xoguetes nin tocar mobiliario urbano
  • lavarse ben as mans ao chegar a casa

Nenos!, Nenas!, disfrutade estes días das saídas, dos xogos e da natureza. Lembrádenos aos adultos as normas por se as esquecemos... e que non falten os sorrisos.

domingo, 26 de abril de 2020

O CAMIÑO

O comezo de cada curso escolar os alumnos de todos os Colexios da Grande Obra de  Atocha en  España facemos o Camiño de  Santiago. 
Quero traer unha copia da reflexión ao iniciar este CAMIÑO pois a liturxia dominical de hoxe, fálanos do CAMIÑO A  EMAÚS, no que dous discípulos camiñan tristes e abatidos pola morte de Cristo sucedida días atrás; Jesús Resucitado úneselles  coma un peregrino máis e empeza a dialogar con eles... aos poucos descobren quen é o seu "compañeiro" e regresan a Xerusalén a ser testemuñas do Deus Resucitado. Así todos os que temos a experiencia de ser peregrinos sabemos que o Camiño pasa por nós e transfórmanos en testemuñas dunha vida nova e resucitada polo don da fe.              Que  disfrutedes deste domingo pascual e non  deixedes de ser peregrinos aínda  quedando na casa.
                                  
 "Na vida hai oportunidades. Ás veces fórzanse, búscanse intencionadamente. Outras veces chegan de forma inesperada. Oportunidades nas relacións, nos estudos, nas experiencias que un ten. A mesma palabra evoca posibilidades. Suxire que algo se pode chegar a conseguir, e tamén indica que ese algo é desexable. O camiño que comezas é unha oportunidade. Oportunidade de convivir, quizais, con persoas que nin che imaxinas. Oportunidade de coñecerte un pouco máis, de pensar na túa vida, valorar o que tes e, se é necesario,  reencauzar o que falta ou o que está descentrado. O camiño adoita ser a ocasión de vivir uns días deses que deixan pegada. Tamén a ti pódeche pasar. Para iso, o importante é deixar que se remova todo. O Camiño é tempo de preguntas. Tanto como de respostas. Facerche algunhas preguntas non garante que vaias atopar luz sobre elas. É máis, quizais atopes resposta a interrogantes non formulados, e aquilo que ías buscando permaneza sen resolver, Pero con todo, é é importante nalgunhas ocasións, como agora, facerche algunhas preguntas sobre a túa propia vida, sobre as túas xentes, sobre onde vas e a que."(... do Camiño)


sábado, 25 de abril de 2020

PARABÉNS!

FELIZ SÁBADO!
É un día dedicado na tradición católica a María, nai de Deus; por iso quero deixarvos a imaxe da nosa Virxe do Rosario para que hoxe  nos protexa e anime... segundo o lema que traballamos este ano, o  recordades? E ti, que  fas?

Tamén felicitamos a todos os "marcos" que hoxe celebran o seu santo... amigos, papás, alumnos... que  pasedes un bo día!

venres, 24 de abril de 2020

OVOS DE PASCUA!

Vin no facebook dunha familia do cole un gran ovo de chocolate e acordeime que...
fai uns días celebramos o domingo de Pascua. Ante esta gran festa propáganse polo mundo diferentes tradicións que o lembran: unha delas é regalar roscas de pascua de madriñas aos seus afillados; outra delas é o agasallo de ovos de chocolate, ou a procura de ovos de pascua. Se queredes podedes debuxar e esconder "ovos de pascua"  con palabras bonitas e premios de agarimo e sorrisos, dentro da casa e xogar a buscalo. A PASCUA dura 50 días... aínda podes conseguir o teu "agasallo  pascual" ... na casa!

xoves, 23 de abril de 2020

23 de ABRIL 2020 - DÍA DO LIBRO

Este 23 de abril festexamos un Día Internacional do Libro moi especial debido ao confinamento polo coronavirus; unha xornada na que se celebra a lectura con motivo da data na que coincidiron as mortes de Cervantes, Shakespeare e o Inca  Garcilaso, e que este ano desaparece de rúas, universidades e comercios para quedar nas casas. 

O Premio Cervantes está adicado ó escritor Joan Margarit.

Non se pode viaxar fisicamente a Alcalá de Henares a visitar a casa natal de Cervantes pero a través de Google Arts & Culture podes facer un percorrido pola vida e obra do autor de Miguel de Cervantes, pola España da súa época e os diferentes lugares que o autor representa en Don Quixote, así como coñecer aos seus personaxes literarios.



mércores, 22 de abril de 2020

DÍA DA TERRA!

Neste día da Terra traemos a nosa reflexión o que nos recorda o Papa Francisco case todos os días e xa desde o 2015, coa publicación da Encíclica Laudato Si :  “non todo está perdido” xa que os seres humanos “tamén poden sobrepoñerse, volver optar polo ben e rexenerarse, máis aló de todos os condicionamentos mentais e sociais que lles impoñan”. En definitiva, son capaces de “iniciar camiños novos cara á verdadeira liberdade” e para o coidado da casa común con pequenos xestos de cada quen na súas casas e dos gobernos do mundo.
Tamén o Secretario Xeral das Nacións Unidas António Guterres escribe: Neste Día Internacional da Terra, todas as miradas están postas na pandemia do  COVID-19, o maior desafío ao que se enfronta o mundo desde a Segunda Guerra Mundial. Debemos traballar xuntos para salvar vidas, aliviar o sufrimento e reducir as devastadoras consecuencias económicas e sociais.Pero hai outra profunda emerxencia: a crise ambiental que se está producindo no planeta. As perturbacións do clima están a achegarse a un punto de non retorno. Debemos actuar con decisión para protexer o noso planeta tanto do coronavirus como da ameaza existencial das perturbacións climáticas. Necesitamos converter a recuperación nunha verdadeira oportunidade de facer o correcto para o futuro. 

martes, 21 de abril de 2020

MENSAXE DE ESPERANZA

Gustoume este texto (fragmento) das Dominicas de  Lerma (Reto do Amor); paréceme que hoxe podemos escribir no noso caderno de bitácora ou diario unha mensaxe de esperanza e  darllo a alguén da nosa familia-casa, ou ben gardalo para ser fortes nestes momentos ou agradecer cada día que brota no que podemos vivir  e crecer.

"Hoxe, despois dun mes, moitas árbores están a brotar dunha maneira tímida á vida, cada un ao seu estilo: un con pequenas flores, outros con pequenas follas verdes, cada un segundo a súa especie. Pero todos están xa con vida; a Natureza dinos que todo segue o seu curso e que, se esperamos no Señor, veremos os froitos. 
A esperanza é a que nos mantén vivos; se perdemos a esperanza, morremos en vida. Se vivimos da desesperanza, o froito será a angustia, a ansiedade... pero, se deixamos que a esperanza entre na nosa vida e vivimos dela, entón todo renóvase. É como cando che tocou un décimo de lotería: sabes que o teu décimo está premiado, pero aínda non tes o premio. A esperanza non é outra cousa que deixar en mans do Señor aquilo onde ti e eu non chegamos, sabendo que El si chega. É confiar a nosa vida a El. Porque a esperanza nel non defrauda."








luns, 20 de abril de 2020

LIBROS LIBROS LIBROS


Estes días nos que aparece tanta néboa na mañá desexas quedarche na cama ou á calor da cociña e pensas... "hoxe toca morriña". 
Un bo libro sempre sae ao noso encontro, é unha axuda eficaz para levantarnos o ánimo e levarnos a lugares onde a imaxinación é a dona e a realidade faise menos amarga. 
Esta semana adicada aos libros, recoméndovos que retomedes aqueles que deixarades nalgún caixón; aquel que vos gustou tanto que merece a pena volver lelo... 
Lede vós, lede cos vosos fillos, lede en familia. 
Saíu o sol e o horizonte vese máis despexado e un bo libro acompáñame. 

Poesía - Gloria Fuertes
El Quijote - Miguel de Cervantes
 
El hombre en busca de sentido- Victor Frankl

domingo, 19 de abril de 2020

DOMINGO DÍA DO SEÑOR

Neste domingo da  oitava de Pascua, a igrexa celebra a festa da 
DIVINA MISERICORDIA. 
Hoxe celebramos o amor de Deus para cada un de nós de xeito radical: non importa a nosa situación, as nosas dificultades... 
Deus faise un só corazón connosco e regálanos a súa paz e a súa presenza. 
Podemos santificar este día dándelle grazas rezando o pai noso e tamén celebrando a eucaristía nos diversos canles de tv 
(Galega, trece tv, rtve2, youtube)

Noso Pai, que estas no Ceo. Santificado sexa o teu Nome. Veña a Nos o teu Reino. Fagase a tua vontade, asi na terra, coma no Ceo. 
Danos hoxe o noso pan, de cada día. E perdoa a nosas ofensas, coma nos perdoamos a quenes nos ten ofendido. Non nos deixes caer na tentación, e libranos do mal. Amén. 

Padre nuestro que estás en el cielo, santificado sea tu Nombre; venga a nosotros tu reino; hágase tu voluntad en la tierra como en el cielo. 
Danos hoy nuestro pan de cada día; perdona nuestras ofensas, como también nosotros perdonamos a los que nos ofenden; No nos dejes caer en  tentación, y líbranos del mal. Amén.


Our Father, who art in Heaven, hallowed by Thy name, Thy kingdom come, Thy will be done on earth as it is in Heaven. 
Give us this day our daily bread, and forgive us our trespasses as we forgive those who trespass against us. And lead us not into temptation but deliver us from evil. Amén.


Notre Père qui es aux cieux, que ton nom soit sanctifié, que ton règne vienne, que ta volonté soit faite sur la terre comme au ciel.
Donne-nous aujourd’hui notre pain de ce jour, pardonne-nous nos offenses comme nous pardonnons aussi à ceux qui nous ont offensés, et ne nous soumets pas à la tentation, mais délivre-nous du mal. Amén.

Pater noster, qui es in coelis sanctificetur nomen tuum adveniat regnum tuum fiat voluntas tua  sicut in coelo et in terra. Panem nostrum quotidianum da nobis hodie et dimitte nobis debita nostra, sicut et nos dimittimus debitoribus nostris et ne nos inducas in tentationem sed libera nos a malo. Amén.


sábado, 18 de abril de 2020

SÁBADO 18 DE ABRIL 2020

É sábado; para moitos, día de descanso no traballo, para outros é día de seguir "traballando" no "descanso familiar" e para outros é outra xornada para seguir coidándonos e protexendo a quen o necesite.
Como os nenos e nenas tiñan as fins de semana para "outras actividades" diferentes á escola hoxe quero aplaudilos a eles... sí, APLAUSO 👏👏para os nenos e nenas que estes días viven como superheroes  e son capaces de transmitirnos de forma sinxela e natural como vivir sen "alarmas" esta situación de alarma sanitaria.
GRAZAS!   💓💓💓💓

venres, 17 de abril de 2020

VAI SAIR O SOL

Di o refraneiro popular "se  chove que chova" e "nunca  choveu que  non  escampara".
Pois iso!
Hoxe temos un agradable día chuvioso e gris...no exterior; nós habemos de vivir este novo día coma único, esencial e cheo de oportunidades para dar vida a xestos, palabras, acción que fagan desta xornada un día cheo de sol.
Ánimo!

xoves, 16 de abril de 2020

PAZ E BO DESCANSO!

Hoxe quería romper a rutina dos bos días polas boas noites.
Cando era pequena rezaba: catro  esquiniñas ten a miña cama, catro  anxos gárdama; en paz déitome, en paz levántome.
O recordo de momentos felices e agradables convídannos a vivir en PAZ; tan necesaria nestes momentos. 
Teñamos paz cos outros e tamén connosco; témola que querer e buscar. Ánimo
Boas Noites!

 

mércores, 15 de abril de 2020

CARA A EMAÚS

Hoxe levanteime e -como cada día-  leeo o evanxeo. Hoxe referíase á pasaxe chamada "os dous de  Emaús" ( Lc 24,13-35). 
Os discípulos marchábanse de  Jerusalem porque as cousas non saíran segundo o que eles crían e, un pouco enfadados, outro pouco abatidos, outro pouco desesperados e decepcionados ían falando da morte de Jesús.
Pódenos pasar isto a nós ante a situación que estamos a vivir:  incerteza, dor, desesperación, morte, enfermidade, soidade.... nada sae como quixésemos!
Aparece entre eles o mesmo Jesús Resucitado e vailles explicando, e calma o seu corazón inquieto e abatido. 
Fagamos nós o mesmo, deixemos que Jesús sexa luz nesta etapa dura do camiño; busquemos e sexamos ese amigo que pide axuda e calma tantas emocións atopadas nesta realidade insegura; saibamos ver o rostro de Jesús Resucitado en todas as persoas que nos axudan nesta pandemia. 
Agradezamos o don da fe.




martes, 14 de abril de 2020

RESISTIREMOS!

Para quen non o saiba, 
a Comunidade Educativa do CPR Plurilingüe Nosa Señora do Rosario de Arzúa ten moita forza e lanza mensaxes moi importantes...  queredes velos? 
Pica na ligazón e goza da alegría, dos bos desexos, do ánimo, de ser familia, da unidade.... 
xuntos chegaremos ao final


☝☝☝☝☝☝☝

(GRAZAS e merecido aplauso)

luns, 13 de abril de 2020

MOITOS RETOS....


Hai uns días descubrín no muro de Kelly Andrade este escrito e paréceme que é un bo  comenzo para esta semana.

“E que pasa se os nenos perden o ano escolar?
E se en lugar de aprender matemáticas aprenden a cociñar?
A coser a súa roupa? A limpar?
A cultivar un horto no patio?
Se aprenden a cantarlle cancións aos seus avós ou aos seus irmáns máis mozos?
Se aprenden a coidar ás súas mascotas e a bañalos?
Se desenvolven a súa imaxinación e pintan un cadro?
Se aprenden a ser máis responsables e conectados con toda a familia na casa?
Se nós os pais ensinámoslles a ser boas persoas?
Se aprenden e saben que estando xuntos e sans é moito mellor que ter o último celular de moda?
Se cadra iso fáltanos, e se eles aprenden, se cadra non perdemos un ano, se cadra gañamos un tremendo futuro.” 

               Ánimo e  moitíiiiiiiiiiiiisima forza!

domingo, 12 de abril de 2020

DOMINGO DE RESURRECCIÓN

Desexando que esteades ben ti e os teus, quero desexarche unha feliz Pascua de RESURRECCIÓN.

Que esta REVOLUCIÓN que Xesús iniciou e convídanos a continuar sirva para achegar LUZ e ESPERANZA á nosa sociedade que non está a pasar polos seus mellores momentos.

Que a xenerosidade sexa o teu aceno de identidade para compartir esa LUZ que CRISTO pon en ti para levarlla aos demais a través da túa vida, sorriso, tenrura, exemplo e proximidade.

Ánimoooooo e adiante.   Sen medo!!!   ALELUIA!


sábado, 11 de abril de 2020

SÁBADO SANTO

O  Sabado Santo,na  liturxia de Semana Santa, está adicado a María, nai de Xesús; que chora a soidade, a morte e o sufrimento do seu fillo; é a advocación da PIEDADE que tan ben representou MiguelAnxo ou Gregorio Ferández.






Neste día, só ten cabida o SILENCIO co que acompañamos en oración a todas as nais que sufriron a perda das súas fillas, 
de todas as nais que loitan por sacar á súa familia adiante, por todas as nais que coidan dos seus con tenrura e  desvelos, como fixo a Virxe. 
Hoxe o meu recordo e agradecemento é por  tí, nai!



venres, 10 de abril de 2020

VENRES SANTO

Venres santo, Xesús morre na cruz.
A morte de calquera home, muller, ancián, anciá,nena, neno sempre está acompañada de dor e tristeza.
Hoxe contemplamos a CRUZ que nos deu a VIDA; contemplamos a tantos enfermos e familias que están a pasar esta pandemia como "a súa cruz particular"; ás familias dos falecidos en calquera recuncho do mundo... eles tamén están na cruz de Cristo. 
Seguimos orando e agradecendo a tantas persoas que doan a súa vida en favor dos semellantes, do próximo, da humanidade enteira. 
Bica a cruz na túa situación particular; o Señor baixa dela para bicarche a  tí. 

xoves, 9 de abril de 2020

XOVES SANTO

Hoxe é XOVES SANTO  dÍa no que se celebra o AMOR FRATERNO (CARITAS), a festa da EucaristÍa e do Sacerdocio.
Hoxe toda a Igrexa está de festa pois o sacramento do bautismo fíxonos fillos de Deus "sacerdotes, profetas e reis".
A nosa mirada, a nosa oración e aplauso é para toda a xente que está ao servizo dos demáis nestes momentos difíciles de circunstancias dolorosas; agradecemos a presenza dos sacerdotes acompañando nos hospitais, nas casas...por teléfono.
Vivamos todos como unha soa familia que se quere, que se protexe, que se coida e que se consola no Señor Jesús. Deixemos que El entre nas nosas realidades de vida para sanarlas e para "lavarnos os pés"como aos seus discípulos. 
Convídoche a rezar connosco a partir das 22,00h. Ten ánimo, aviva a túa fe.

                                                        ORACION DE GETSEMANÍ                           
...AMOR EN TU CASA

...AMOR POR LA HUMANIDAD ENTERA
....AMOR EN LOS HOSPITALES
                                                 

mércores, 8 de abril de 2020

MÉRCORES SANTO

Agora si que estamos na antesala da SEMANA SANTA.


Preparemos o noso espírito, o noso ánimo, o noso corpo, a nosa vida para querer acompañar a Jesús na súa Morte e Resurrección.


A  super lúa desta noite pasada falounos de PASCUA, de VIDA, de ESPERANZA.

Sede felices!

martes, 7 de abril de 2020

SEGUIMOS EN LOITA E PREVENCIÓN

Que tal estades neste novo día?
O  estades a facer de xeito fenomenal; sodes xeniais, cada un coa súa responsabilidade:   o que teñen que quedar na casa, quedan na casa e os que teñen que ir traballar, fano con todas as precaucións... 
Toda prevención é pouca para evitar contaxiar e contaxiarse.
Hoxe traemos a esta  mini-reflexión as figuras literarias de Sancho Panza e Don Quixote, paradigmas da realidade e do idealismo, respectivamente. 
Neles queremos rezar e animar ós farmacéuticos  e sanitarios  para que pronto descubran a medicina coa que loitar contra este coronavirus COVID-19.

luns, 6 de abril de 2020

ALGO DE HUMOR

Un pouquiño de humor vénnos ben.

Hai uns días apareceron así as flores de PASCUA na casa... parece que queremos celebrar novamente o nadal.... 

Será verdade o que pide este neno?

Un sorriso vénnos ben a todos. 

Feliz luns!

Celebremos a vida!

domingo, 5 de abril de 2020

DOMINGO DE RAMOS


Hoxe, o Señor Jesús pasea polas rúas de Xerusalén animado con aclamacións con olivos e palmas, gritándolle "Ti es o REY".
En condicións normais isto é o que lembrabamos coa tradicional procesión dos Ramos.
Este ano temos que facela desde a nosa casa; o que non impide que sigamos dicindo a Jesús que Él é o noso AMIGO, o noso REY.
Podemos facer un debuxo para acompañalo, unha palma usando material reciclado ou, os que teñan unha pequena leira, coller unha poliña dunha árbore e adornala con esa intención.
Hosanna ao Fillo de Deus! Santo é o Señor!

sábado, 4 de abril de 2020

VACIÓNS DE SEMANA SANTA

Hoxe empezan as vacións de Semana Santa. 
Recoméndovos que modifiquéis algunha das rutinas destes días na casa; o corpo e a alma necesitan pequenos cambios que os fortalezan. 
Podedes facer.... de xeito virtual, creativo e empregando a imaxinación:
  • Unha viaxe cos vosos fillos, amigos, familias....
  • Visitar algún museo
  • Ir ao cinema
  • Conectar coas celebracións litúrxicas destes días
  • Ver algunha procesión (de anos anteriores)
  • Volver colocar os armarios, xogar, cociñar, cantar, bailar,....


venres, 3 de abril de 2020

O PRINCIPIÑO

Sempre me gustou este libro; seguro que moitos de vós léstelo... senón é así, xa sabedes... agora tedes tempo. 

Seguro que atoparemos frases que nos axuden a levantar o noso ánimo e axudar a outros a manter a fe e a esperanza.


xoves, 2 de abril de 2020

VÁNSENOS SERES QUERIDOS

Estes días todos somos coñecedores de persoas que sofren a enfermidade, que están sós, que morren sen ter ao seu lado aos seres queridos.
É unha realidade moi dura para quen falece e  tamén para os que non poden estar presentes nese duelo.
Esta entrada é triste, pero quero deixar un halo de  resurreccion, esperanza e de fe fronte ó duelo que non pode ser e a morte que chega.
Recemos polos coñecidos, polos que non o son, por todos; nestas circunstancias somos familia e o noso deber é acompañarnos mutuamente.
Déixovos a oración da diocese ao Apóstolo Santiago pedindo intercesión e saúde.

Santo Apóstolo Santiago, a quen Cristo, “Camiño, Verdade e Vida”, mostrou a súa predilección.
Ti presenciaches xunto a Pedro e Juan os grandes acontecementos da súa vida, e fuches testemuña da curación de tantos enfermos, que El realizou.
En ti atopou a dispoñibilidade para “beber o seu cáliz”, sendo ti o protomártir dos Apóstolos.
Como Patrón de España pedimos o teu auxilio para os afectados polo coronavirus, fortaleza e sabedoría para o persoal sanitario, luz e acerto para quen toma as decisións e proximidade xenerosa para os que están a ofrecer a súa colaboración.
Poñemos toda esta situación baixo a man maternal da nosa Señora da Saúde.
E ti, como amigo do Señor, acompaña os falecidos ata o Pórtico da Gloria e intercede por eles ante El para que nos vexamos liberados desta pandemia.
Amén

mércores, 1 de abril de 2020

NOVO MES - NOVA ILUSIÓN

Estamos a comezar o mes de abril e queremos que tengades moito ánimo e ilusión. 

Esperemos que vos guste este video que fixemos para vos.

Un biquiño grande.