Neste día da Terra traemos a nosa reflexión o que nos recorda o Papa Francisco case todos os días e xa desde o 2015, coa publicación da Encíclica Laudato Si : “non todo está perdido” xa que os seres humanos “tamén poden sobrepoñerse, volver optar polo ben e rexenerarse, máis aló de todos os condicionamentos mentais e sociais que lles impoñan”. En definitiva, son capaces de “iniciar camiños novos cara á verdadeira liberdade” e para o coidado da casa común con pequenos xestos de cada quen na súas casas e dos gobernos do mundo.
Tamén o Secretario Xeral das Nacións Unidas António Guterres escribe: Neste Día Internacional da Terra, todas as miradas están postas na pandemia do COVID-19, o maior desafío ao que se enfronta o mundo desde a Segunda Guerra Mundial. Debemos traballar xuntos para salvar vidas, aliviar o sufrimento e reducir as devastadoras consecuencias económicas e sociais.Pero hai outra profunda emerxencia: a crise ambiental que se está producindo no planeta. As perturbacións do clima están a achegarse a un punto de non retorno. Debemos actuar con decisión para protexer o noso planeta tanto do coronavirus como da ameaza existencial das perturbacións climáticas. Necesitamos converter a recuperación nunha verdadeira oportunidade de facer o correcto para o futuro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario