COLEXIO PLURILINGÜE NOSA SEÑORA DO ROSARIO

"
No solamente unidos sino todos un solo
corazón y una sola alma
." (D. Baltasar Pardal Vidal)

xoves, 2 de abril de 2020

VÁNSENOS SERES QUERIDOS

Estes días todos somos coñecedores de persoas que sofren a enfermidade, que están sós, que morren sen ter ao seu lado aos seres queridos.
É unha realidade moi dura para quen falece e  tamén para os que non poden estar presentes nese duelo.
Esta entrada é triste, pero quero deixar un halo de  resurreccion, esperanza e de fe fronte ó duelo que non pode ser e a morte que chega.
Recemos polos coñecidos, polos que non o son, por todos; nestas circunstancias somos familia e o noso deber é acompañarnos mutuamente.
Déixovos a oración da diocese ao Apóstolo Santiago pedindo intercesión e saúde.

Santo Apóstolo Santiago, a quen Cristo, “Camiño, Verdade e Vida”, mostrou a súa predilección.
Ti presenciaches xunto a Pedro e Juan os grandes acontecementos da súa vida, e fuches testemuña da curación de tantos enfermos, que El realizou.
En ti atopou a dispoñibilidade para “beber o seu cáliz”, sendo ti o protomártir dos Apóstolos.
Como Patrón de España pedimos o teu auxilio para os afectados polo coronavirus, fortaleza e sabedoría para o persoal sanitario, luz e acerto para quen toma as decisións e proximidade xenerosa para os que están a ofrecer a súa colaboración.
Poñemos toda esta situación baixo a man maternal da nosa Señora da Saúde.
E ti, como amigo do Señor, acompaña os falecidos ata o Pórtico da Gloria e intercede por eles ante El para que nos vexamos liberados desta pandemia.
Amén

Ningún comentario:

Publicar un comentario