O comezo de cada curso escolar os alumnos de todos os Colexios da Grande Obra de Atocha en España facemos o Camiño de Santiago.
Quero traer unha copia da reflexión ao iniciar este CAMIÑO pois a liturxia dominical de hoxe, fálanos do CAMIÑO A EMAÚS, no que dous discípulos camiñan tristes e abatidos pola morte de Cristo sucedida días atrás; Jesús Resucitado úneselles coma un peregrino máis e empeza a dialogar con eles... aos poucos descobren quen é o seu "compañeiro" e regresan a Xerusalén a ser testemuñas do Deus Resucitado. Así todos os que temos a experiencia de ser peregrinos sabemos que o Camiño pasa por nós e transfórmanos en testemuñas dunha vida nova e resucitada polo don da fe. Que disfrutedes deste domingo pascual e non deixedes de ser peregrinos aínda quedando na casa.
"Na vida hai oportunidades. Ás veces fórzanse, búscanse intencionadamente. Outras veces chegan de forma inesperada. Oportunidades nas relacións, nos estudos, nas experiencias que un ten. A mesma palabra evoca posibilidades. Suxire que algo se pode chegar a conseguir, e tamén indica que ese algo é desexable. O camiño que comezas é unha oportunidade. Oportunidade de convivir, quizais, con persoas que nin che imaxinas. Oportunidade de coñecerte un pouco máis, de pensar na túa vida, valorar o que tes e, se é necesario, reencauzar o que falta ou o que está descentrado. O camiño adoita ser a ocasión de vivir uns días deses que deixan pegada. Tamén a ti pódeche pasar. Para iso, o importante é deixar que se remova todo. O Camiño é tempo de preguntas. Tanto como de respostas. Facerche algunhas preguntas non garante que vaias atopar luz sobre elas. É máis, quizais atopes resposta a interrogantes non formulados, e aquilo que ías buscando permaneza sen resolver, Pero con todo, é é importante nalgunhas ocasións, como agora, facerche algunhas preguntas sobre a túa propia vida, sobre as túas xentes, sobre onde vas e a que."(... do Camiño)
Ningún comentario:
Publicar un comentario