Venres santo, Xesús morre na cruz.
A morte de calquera home, muller, ancián, anciá,nena, neno sempre está acompañada de dor e tristeza.
Hoxe contemplamos a CRUZ que nos deu a VIDA; contemplamos a tantos enfermos e familias que están a pasar esta pandemia como "a súa cruz particular"; ás familias dos falecidos en calquera recuncho do mundo... eles tamén están na cruz de Cristo.
Seguimos orando e agradecendo a tantas persoas que doan a súa vida en favor dos semellantes, do próximo, da humanidade enteira.
Bica a cruz na túa situación particular; o Señor baixa dela para bicarche a tí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario