COLEXIO PLURILINGÜE NOSA SEÑORA DO ROSARIO

"
No solamente unidos sino todos un solo
corazón y una sola alma
." (D. Baltasar Pardal Vidal)

sábado, 12 de setembro de 2020

NOVO CURSO ESCOLAR 20/21

 Estamos de parabén!: comezamos o curso con moitísimas ganas, con sorrisos que vense nos ollos e nótanse debaixo das máscaras; comenzamos con moita confianza no coidado dos nosos pais e profesores e coa certeza de que Dios cóidanos cada día. 

Nestes dous primeiros días de curso, Infantil e Primaria, practicamos rutinas novas de hixiene, de separación social, de lavado de mans, de bo uso das máscaras e as papeleiras....

Tamén nos atopamos cos nosos amigos, con algún compañeiro novo no curso, cun ambiente de traballo moi diferente ao que deixamos en marzo... pero o que si permanece é a alegría, o bo humor, o ser mellores persoas e o sentirnos membros dunha familia educativa que se quere e tenta coidarse.

Grazas nenos e nenas; grazas mamás e papás; grazas  profes; grazas ao persoal de servizo; grazas amigas e amigos por este emocionante principio de curso... con grandes retos a conseguir.

# SementaVida