COLEXIO PLURILINGÜE NOSA SEÑORA DO ROSARIO

"
No solamente unidos sino todos un solo
corazón y una sola alma
." (D. Baltasar Pardal Vidal)

mércores, 8 de febreiro de 2017

OS CASTELOS

Os alumnos de infantil traballarán este mes no proxecto de "os castelos": serán os príncipes, princesas, cabaleiros, damas, artesáns... e moito máis...



martes, 7 de febreiro de 2017

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2017/2018

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2017/2018
Este curso, e de acordo coa Orde do 25 de xaneiro de 2017 publicada no Diario Oficial de Galicia do día 1 de febreiro, as familias poderán realizar a solicitude de admisión a través de internet, se así o desexan, ou facelo de forma presencial no centro.
Se optan pola presentación online, deberán utlizar a aplicación que a Consellería de Educación creou e poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cubrir a solicitude, co DNI do proxenitor que o asina.
Poden achegarse ao colexio para informarse e axudarémosvos no que precisen.