COLEXIO PLURILINGÜE NOSA SEÑORA DO ROSARIO

"
No solamente unidos sino todos un solo
corazón y una sola alma
." (D. Baltasar Pardal Vidal)

xoves, 29 de marzo de 2018

MES ADICADO A DON BALTASAR

Durante o mes .de marzo lembramos ao noso fundador Baltasar Pardal. Realizamos xogos usando as iniciais do seu nome, descubrimos as súas calidades como sacerdote, fundador, profesor, catequista. Coas nosas familias dedicámoslle poesías que brotan do corazón. Celebramos a Eucaristía o 6 de marzo con todo o pobo de Arzúa ás 12 do medio día. Tivemos a sorte de que a nosa directora, Mª dos Ángeles Santamarta Rodríguez, foi a relatora da Cátedra de D. Baltasar en Santiago de Compostela e na Coruña co título "O soño de D. Baltasar contado polos nenos: historia de salvación, carisma que se expande"






POETAS

Nos sentimos poetas... e regalamos os nosos versos, cunha flor, a unha persoa querida do colexio. Feitos en todos os idiomas que aprendemos: castelá,galego, inglés e francés.
E na Capela do colexio, fixemos poesías para recordar a o noso fundador, Baltasar Pardal.




PREMIOS FUNDACIÓN DWON GALICIA 2018

Colexio “Nosa Señora do Rosario” de Arzúa A implicación do equipo de mestres e a súa evolución cara a un traballo inclusivo dentro da aula, desde que fai sete anos entrou un alumno con Síndrome de Down, provocou unha clara evolución nas estratexias didácticas e na metodoloxía de traballo empregada no colexio “Nosa Señora do Rosario” de Arzúa, o colexio Atocha. Facendo un gran esforzo para adaptarse ao cambio, ás necesidades do grupo e as demandas especificadas de cada un dos alumnos, con e sen discapacidade, o colexio é un exemplo de boas prácticas e na aplicación da metodoloxía da aprendizaxe cooperativa. Demostrando así que a inclusión real dentro da aula dun alumno con Síndrome de Down é posible. Porque neste centro o prioritario é xerar o benestar dos escolares, a normalidade e facer que na escola haxa un clima agradable onde compartir, descubrir e aprender sexa posible para todo o alumnado. Unha clara aposta pola inclusión real polo que é merecedor do Premio Down Compostela.
(palabras da Fundación Dwon Galicia)





SALUDarte

Ao longo de 2º trimestre, todos os luns pola tarde, o alumnado de 1º e 2º de EP , levamos a cabo un proxecto de saúde que leva por título" SALUDarte". 

Elaboramos unha mascota (un racimo de uvas)  co nome do proxecto (SALUDarte) e os nosos disfraces de entroido que tamén eran racimos de uvas.

Dividimos o proxecto en tres bloques:
1.- Hixiene persoal e hábitos saudables
2.- Exercicio físico 
3.- Alimentación . 

Para cada bloque, contamos coa vista dun especialista:  doutor, dentista e nutricionista. 




CAMIÑO DE SANTIAGO

Os alumnos de terceiro de ESO de todos os colexios de La Grande Obra de Atocha realizaron o Camiño de Santiago (Inglés) desde o 21 ao 25 de marzo de 2018. É unha experiencia magnífica de convivencia, coñecemento propio, respecto, silencio, oración e encontro con Deus.


PIRATAS E ABELLAS

Os alumnos de E. Infantil realizaron no segundo trimestre dous proxectos super chulos e interesantes: OS PIRATAS e AS ABELLAS






Surcaron os mares cantando como grumetes e timonando grandes barcos buscando tesouros en illas remotas. Celebraron a chegada da primavera con mostra amigas as abellas: foron á súa casa no Enredo do Abelleiro en Dombodan, coa cera fixeron velas e tomaron un rechupete de mel. Foi un trimestre xenial!