COLEXIO PLURILINGÜE NOSA SEÑORA DO ROSARIO

"
No solamente unidos sino todos un solo
corazón y una sola alma
." (D. Baltasar Pardal Vidal)

martes, 31 de marzo de 2020

MES DE BALTASAR PARDAL VIDAL

Como sabedes no mes de marzo realizamos actividades de todo tipo dedicadas a D. Baltasar para agradecer o seu exemplo de vida e o ser o noso fundador. 

Empezaramos a investigar sobre a súa vida e ...zas!, chegou o  COVID-19... polo que finalizamos o traballo de forma  on- line.

Esperamos que vos guste. 

Sigamos animándonos con fe e confiando como os nenos "que o esperan todo do seu pai" como dicía D. Baltasar.


luns, 30 de marzo de 2020

BLOGUES DE AULA

"REMANSO DE PAZ"
Como moitos  sabedes  temos blogues de aula nos que imos redactando as noticias de cada día e de
cada semana, tamén haberá retos, xogos e alguha foto.

Nestes momentos usámolos para animarnos, para sonreir, para facer retos e para enlazar algo bonito .

Sodes fantásticos, o  estades (estamos) a facer moi ben! Ánimo, xa queda menos....

Déixovos na seguinte ligazón os blogues de cada aula; que  disfrutedes!


domingo, 29 de marzo de 2020

HOXE É DOMINGO

Hoxe, domingo 29 de marszo 2020, convídovos a ler as lecturas da Palabra do Señor
A moitos nos fará caer na conta de que DEUS sempre está connosco, na adversidade, na enfermidade, na alegría e.... NA CASA.
Pódelo descubrir, feliz domingo!

sábado, 28 de marzo de 2020

RESILENCIA, NUESTRA ALIADA

Estes días está a escoitarse moito a palabra RESILENCIA.
que significa?, 
porqué é importante?, 
para que nos serve xestionar con  resilencia nosa vida?

Resiliencia é a capacidade que ten o ser humano para afrontar as dificultades, os problemas e as adversidades da vida, superalas e transformalas.

Anímovos a ler este artigo de Sandra Izaguirre García, psicóloga do grupo de intervención en catástrofes e emerxencias en Galicia

venres, 27 de marzo de 2020

ALGO DE PSICOLOXÍA



Desde o Colexio  Plurilingue Nosa Señora do Rosario, queremos trasladarvos todo o noso afecto e cariño nun momento tan difícil para a nosa comunidade e seguir loitando con esperanza e fe.

Este é o enlace do Colexio Oficial de  Psicoloxía de Galicia , na cal se integran  orientación, documentos  e recomendacións para a comunidade educativa.

xoves, 26 de marzo de 2020

ACTITUDES FRONTE A ESTA PANDEMIA

De nós depende....
Ánimo, falta menos para poder abrazar, consolar, sonreir, axudar, bicar, acariñar....


mércores, 25 de marzo de 2020

TEMOS QUE COIDARNOS


Outro día máis, e un novo reto para quedarnos na casa e seguir coidándose.
Un abrazo grande grande grande....

martes, 24 de marzo de 2020

UN DÍA NOVO



Facía tempo que non usaba o blogue como medio de comunicación; parece que este  é tempo de facelo e suxerir e provocar cada  NOVO DÍA un sorriso, un desexo, unha oración, unha ilusión...;  tal como reza o lema deste ano # ETiQueFas?

Vou inserir pequenas reflexións  co ánimo de que nos axuden a todos a afrontar esta realidade con esperanza e confianza.

Ánimo para todos e cada un/a: os nenos, as nenas, as mamis, os  papis, avós e avoas,  e amigos/ as de toda a familia da Grande Obra de Atocha-CPR Plurilingüe Nosa Señora do Rosario.