Agora que xa falamos de "desescalada" parece que toda esta situación xa chegou ao seu fin (OXALÁ!); necesitamos prudencia, información , confianza... quizá moitos queremos seguridades e, posiblemente, buscándoas podámonos enganarnos sobre a vida que levamos e queremos conseguir e sobre quen estamos a ser.
Onte vin esta foto e gustoume (non coñezo a fonte): seguro que se a miramos con atención sentímonos identificados con moitas das palabras escritas nos círculos e que están nas diferentes zonas; grazas a Deus, non somos planos e o noso estado de aprendizaxe, emocional, físico, espiritual... cambia e vai crecendo nos avatares de cada día. Oxalá pasemos da zona escura á de maior claridade, do círculo máis pequeno ao de maior influencia, de abaixo cara arriba... o meu desexo para hoxe é que a nosa fortaleza estea na fe que sabemos non nos quita dos problemas, nin das situacións dolorosas, nin das incertezas; pero si axúdanos a contemplar a verdade, a actuar con transparencia, a vivir con plena confianza e a conseguir paz.
Bo día!
Ningún comentario:
Publicar un comentario