Os alumnos de 4º de E. P. estiveron a falar da emigración; investigando os porqués e a repercusión na nosa terra galega.
Viñeron ata a clase duas persoas que foron emigrantes: A aboa de Marcos que estivo en Portugal moitos anos e a nai de Jadai que desde Venezuela (lugar de nacemento) estivo en varios países ata que chegou a vivir en Arzúa.
Dámoslle as grazas porque nos explicaron moito de como é a vida dunha persoa que ten que estar fora do seu pais para estudar ou traballar.
Tamén nos dimos conta dos sacrificios que fixeron moitos galegos e outra xente indo buscar traballo a outros paises para dar para comer a os seus fillos e familias.
GRAZAS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario