Hoxe é o dia da Unión Europea, convídovos a coñecer a súa historia, a nosa historia!; cales foron os principios e os fundamentos de vivir hoxe neste modelo social, político, humano, financeiro... de respecto, solidariedade e unión entre a maioría dos países que conforman Europa.
Creo que hoxe será interesante navegar pola páxina oficial da Unión Europea: coñecer os seus símbolos, o himno, os inicios e tanbién algunhas curiosidades; por exemplo: sabedes que a bandeira azul coas doce estrelas ten unha orixe relixiosa baseada nunha pasaxe da apocalipse (Ap 12,3)?... investigade un pouquiño e o atoparedes nas redes.
Segundo di na súa web oficial, para todos os integrantes da UE representan os ideais de unidade (círculo), solidariedade e harmonía entre os pobos de Europa.
Polo demais, feliz sábado!
Ningún comentario:
Publicar un comentario