Somos pesimistas? Somos optimistas?
Os pesimistas teñen a visión negativa de todo o que lles pasa, ou de todo o que ocorre o seu lado.
Na mesma realidade existen as dúas caras: unha pesimista e outra optimista e sen caer nos extremos de velo todo branco ou todo negro... a gama de grises tamén existe e con eles imos facendo realidade a nosa visión de vida.
Hai uns días atopeime con esta fotografía que fala realmente do noso optimismo ou pesimismo... sobes? ou baixas?
Tengámoslo presente para cambiar o paso cando nos atopemos máis negativos ante as situacións do día a día e subir cara a lugares que nos transformen en homes e mulleres máis libres, máis optimistas, máis alegres, máis humanos, máis crentes, máis....
Ningún comentario:
Publicar un comentario