Facendo balance deste ano escolar os profes, nenos e familias pensamos no que puido ser e non foi...😥😥😥; sobre todo en relación ás "actividades especiais" que cada curso prepara con esmero e colofón do ano escolar:
- Os de Infantil terían estes días a súa gran festa de auga e a quedada para durmir todos xuntos no colexio;
- os de 1 e 2 de EP estarían un finde en Iñás;
- os de 3 e 4 de EP peregrinarían ata Santiago con alegría;
- os de 5 e 6 de EP celebrarían o final de etapa cunha viaxe a Estremadura;
- os de 1 e 2 ESO xa loitarían como templarios en Ponferrada, León e as Medulas;
- os de 3 e 4 ESO estarían a viaxar á Cidade Eterna... Bonito verdade?...
Pois o mellor de todo isto sodes vós: nenos e nenas, adolescentes que cada día chegades con ilusión ao colexio, con ganas de aprender, de compartir, de investigar, de ensinar...
Vós familias sodes o mais importante e por iso queremos darvos as grazas por pertencer a esta comunidade educativa e considerarnos unha gran familia.
Grazas
Ningún comentario:
Publicar un comentario