COLEXIO PLURILINGÜE NOSA SEÑORA DO ROSARIO

"
No solamente unidos sino todos un solo
corazón y una sola alma
." (D. Baltasar Pardal Vidal)

domingo, 31 de maio de 2020

BOAS ACCIÓNS!

Neste domingo de PENTECOSTÉS (50 días despois da Resurrección)  no que conclúe o tempo  pascual celebramos os cristiáns a "vinda do Espírito Santo" que alenta e fortalece a nosa vocación e misión. 
Quizá para algúns queda na anécdota da chama de lume encima da cabeza dos primeiros apóstolos e da Virxe María tal como relátao o libro dos Feitos; lonxe desta visión parcial e afastada, o  Espíritu Santo segue "vindo" á Igrexa, a nós; e fortalécenos e anímanos e impúlsanos a realizar ACCIÓNS DE VIDA, de fe, de tenrura, de proximidade, de consolo, de amor, de estudo, de traballo responsable, de coidados, de consello, de oración, de gratitude, de unión, de esperanza, de....
Fagamos que todo o que vivimos (e sufrimos) transfórmese en amor para todos e con todos, que sexa exemplo de caridade cristiá e camiño de santidade.
Feliz domingo! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario