Todas as profesións son únicas e especiais para aqueles que as viven con dedicación; hoxe lembramos e agradecemos a todas as enfermeiras(os) o seu traballo, a súa proximidade a enfermos e familiares, a súa tenrura en cada palabra e cada xesto cos pacientes.
Desde 1974, celébrase o 12 de maio como Día Internacional da Enfermeira, lembrando a data de nacemento de Florence Nightingale. Ela organizou a 38 mulleres nun servizo de enfermería eficaz para atender aos soldados na Guerra de Crimea en 1854, o que se considera o nacemento da enfermería moderna.
Parabén ás familias que tedes entre os vosos, unha/un enfermeira/o.
Ningún comentario:
Publicar un comentario