COLEXIO PLURILINGÜE NOSA SEÑORA DO ROSARIO

"
No solamente unidos sino todos un solo
corazón y una sola alma
." (D. Baltasar Pardal Vidal)

luns, 11 de maio de 2020

FELIZ DESCANSO!


... e gustaríame durmir no corazón das persoas que quero e que me queren. 

Feliz descanso!

domingo, 10 de maio de 2020

HOXE É DOMINGO PARA....

Hoxe é domingo para
bendicir, 
contemplar, 
aplaudir,
camiñar,
compartir,
acompañar,
alegrar (se),
mirar,
gozar,
celebrar,
rezar,
sonreir,
animar,
.....,
#ETiQueFas?

sábado, 9 de maio de 2020

DIA DE EUROPA E A VIRXE MARÍA

Hoxe é o  dia da Unión Europea, convídovos a coñecer a súa historia, a nosa historia!; cales foron os principios e os fundamentos de vivir hoxe neste modelo social, político, humano, financeiro... de respecto, solidariedade e unión entre a maioría dos países que conforman Europa.
Creo que hoxe será interesante navegar pola  páxina oficial da Unión Europea: coñecer os seus símbolos, o himno, os inicios e  tanbién algunhas curiosidades; por exemplo:  sabedes que a bandeira azul coas doce estrelas ten unha orixe relixiosa baseada nunha pasaxe da apocalipse (Ap 12,3)?... investigade un pouquiño e o atoparedes nas redes.
Segundo di na súa web oficial, para todos os integrantes da UE representan os ideais de unidade (círculo), solidariedade e harmonía entre os pobos de Europa.
Polo demais, feliz sábado!

venres, 8 de maio de 2020

FALTA POUCO!

Coma indica a foto... NON TE RINDAS, FALTA POUCO!; e, a pregunta desta mañá será "para que falta pouco"?
- para abrazar aos nosos avós; mellor, saudalos (que abrazar e bicar non se pode)!
- para saír á hora que queiramos
- para ir á o parque
- para tomar un café
- para ir de compras
- para ...

Oxalá fose tamén:
- para ser máis creativos, máis responsables, máis autónomos
- para valorar o poder espertar cada día
- para pensar mellor dos demais
- para valorarse máis a un mesmo
- para exercitar a bondade en cada xesto
- para mirar con tenrura a todos
- para ser responsables os uns dos outros
- para dar importancia ao transcendente
- para xestionar o necesario, o importante, o urxente
- para gozar do amor, da amizade, a xenerosidade, a familia....
- para ser de DEUS.

xoves, 7 de maio de 2020

LOITO OFICIAL!

Fai uns  dias  a  Xunta de  Galicia decretou loito oficial por toda esta situación que estamos a vivir e en  recordo de tantas  vidas humanas falecidas, ben polo coronavirus como por outra circunstancia .
O loito é unha forma visible de lembrar aos que nos precederon, aos seres queridos que xa non están entre nós, é lembrar -como neste momento pasa- a tanta xente que morre en soidade e a moita que dá a súa vida por salvar a doutros.
Normalmente, nas nosas sociedades culturais, representamos o loito na cor negra, así vemos crespóns da devandito cor nos perfís das redes sociais, nas bandeiras, no vestido de personaxes públicos, ou de veciños.... 
Noutras culturas, a cor de loito é o branco, pois quere significar a festa e a entrada na "outra vida" mellor que a culminada.
Sexamos quen de levar no noso loito o negro da tristeza pola perda de seres queridos e o branco da esperanza para a vida resucitada con Cristo.


mércores, 6 de maio de 2020

E TI QUE FAS?

Onte non tiven o tempo para realizar unha entrada no blogue;  asi que hoxe aproveito para facer un 2x1
Estes días seguimos oíndo noticias que nos crean  desazón e fan que vivamos nunha incerteza, se cabe, aínda maior que a que temos. 
Creo que o día a día habemos de afrontalo como vén e, aínda que queiramos programar a medio-curto prazo, a realidade lévanos a outros maneiras de estar e facer.
As lecturas da liturxia desta semana cóntannos como os apóstolos inician a  evangelización e van propoñendo outros estilos de vida ás xentes... moi acertado para nós nestes momentos!. Tamén impoñían as mans para fortalecer e animar e actualizar a presenza de Jesús Resucitado e o seu Espírito Santo... 
Hoxe, nós tamén desexamos que "nos impoñan" as mans en nome de Jesús para curar, perdoar, animar, fortalecer.... á vez que nós podemos ser esta presenza  sanadora para quen nos rodea e quen o necesite. #ETiQueFas?, queres  ser "tenrura de Deus" nestes momentos de poucas certezas? 

luns, 4 de maio de 2020

HOXE TEMOS UNHA CITA

Como  sabeis en todos os Centros da Grande Obra de Atocha e naqueles lugares do mundo no que traballan as Fillas da Natividade de María é norma "a visita" diaria a Xesús Eucaristía (se é posible nunha capela) e o saúdo cariñoso á súa Nai a Virxe María.   
É un dos legados do noso Fundador D. Baltasar recollido de forma expresa na lápida da súa tumba, sita no colexio da Grande Obra de Atocha da Coruña, nela está escrito: "O meu desexo é quedar entre os nenos para continuar facendo con eles as visitas a Jesús  Sacramentado".

Estes días de confinamento convidámosvos a rezar en datas especiais; hoxe queremos que  compartades connosco unha particular "visita a Xesús e a María" desde a capela do colexio, ás 7 da tarde e como é norma nestes tempos a través da canle de  youtube do centro  Nsrosario  Arzua  

Esperámosvos! Grazas!