COLEXIO PLURILINGÜE NOSA SEÑORA DO ROSARIO

"
No solamente unidos sino todos un solo
corazón y una sola alma
." (D. Baltasar Pardal Vidal)

domingo, 26 de abril de 2020

O CAMIÑO

O comezo de cada curso escolar os alumnos de todos os Colexios da Grande Obra de  Atocha en  España facemos o Camiño de  Santiago. 
Quero traer unha copia da reflexión ao iniciar este CAMIÑO pois a liturxia dominical de hoxe, fálanos do CAMIÑO A  EMAÚS, no que dous discípulos camiñan tristes e abatidos pola morte de Cristo sucedida días atrás; Jesús Resucitado úneselles  coma un peregrino máis e empeza a dialogar con eles... aos poucos descobren quen é o seu "compañeiro" e regresan a Xerusalén a ser testemuñas do Deus Resucitado. Así todos os que temos a experiencia de ser peregrinos sabemos que o Camiño pasa por nós e transfórmanos en testemuñas dunha vida nova e resucitada polo don da fe.              Que  disfrutedes deste domingo pascual e non  deixedes de ser peregrinos aínda  quedando na casa.
                                  
 "Na vida hai oportunidades. Ás veces fórzanse, búscanse intencionadamente. Outras veces chegan de forma inesperada. Oportunidades nas relacións, nos estudos, nas experiencias que un ten. A mesma palabra evoca posibilidades. Suxire que algo se pode chegar a conseguir, e tamén indica que ese algo é desexable. O camiño que comezas é unha oportunidade. Oportunidade de convivir, quizais, con persoas que nin che imaxinas. Oportunidade de coñecerte un pouco máis, de pensar na túa vida, valorar o que tes e, se é necesario,  reencauzar o que falta ou o que está descentrado. O camiño adoita ser a ocasión de vivir uns días deses que deixan pegada. Tamén a ti pódeche pasar. Para iso, o importante é deixar que se remova todo. O Camiño é tempo de preguntas. Tanto como de respostas. Facerche algunhas preguntas non garante que vaias atopar luz sobre elas. É máis, quizais atopes resposta a interrogantes non formulados, e aquilo que ías buscando permaneza sen resolver, Pero con todo, é é importante nalgunhas ocasións, como agora, facerche algunhas preguntas sobre a túa propia vida, sobre as túas xentes, sobre onde vas e a que."(... do Camiño)


sábado, 25 de abril de 2020

PARABÉNS!

FELIZ SÁBADO!
É un día dedicado na tradición católica a María, nai de Deus; por iso quero deixarvos a imaxe da nosa Virxe do Rosario para que hoxe  nos protexa e anime... segundo o lema que traballamos este ano, o  recordades? E ti, que  fas?

Tamén felicitamos a todos os "marcos" que hoxe celebran o seu santo... amigos, papás, alumnos... que  pasedes un bo día!

venres, 24 de abril de 2020

OVOS DE PASCUA!

Vin no facebook dunha familia do cole un gran ovo de chocolate e acordeime que...
fai uns días celebramos o domingo de Pascua. Ante esta gran festa propáganse polo mundo diferentes tradicións que o lembran: unha delas é regalar roscas de pascua de madriñas aos seus afillados; outra delas é o agasallo de ovos de chocolate, ou a procura de ovos de pascua. Se queredes podedes debuxar e esconder "ovos de pascua"  con palabras bonitas e premios de agarimo e sorrisos, dentro da casa e xogar a buscalo. A PASCUA dura 50 días... aínda podes conseguir o teu "agasallo  pascual" ... na casa!

xoves, 23 de abril de 2020

23 de ABRIL 2020 - DÍA DO LIBRO

Este 23 de abril festexamos un Día Internacional do Libro moi especial debido ao confinamento polo coronavirus; unha xornada na que se celebra a lectura con motivo da data na que coincidiron as mortes de Cervantes, Shakespeare e o Inca  Garcilaso, e que este ano desaparece de rúas, universidades e comercios para quedar nas casas. 

O Premio Cervantes está adicado ó escritor Joan Margarit.

Non se pode viaxar fisicamente a Alcalá de Henares a visitar a casa natal de Cervantes pero a través de Google Arts & Culture podes facer un percorrido pola vida e obra do autor de Miguel de Cervantes, pola España da súa época e os diferentes lugares que o autor representa en Don Quixote, así como coñecer aos seus personaxes literarios.



mércores, 22 de abril de 2020

DÍA DA TERRA!

Neste día da Terra traemos a nosa reflexión o que nos recorda o Papa Francisco case todos os días e xa desde o 2015, coa publicación da Encíclica Laudato Si :  “non todo está perdido” xa que os seres humanos “tamén poden sobrepoñerse, volver optar polo ben e rexenerarse, máis aló de todos os condicionamentos mentais e sociais que lles impoñan”. En definitiva, son capaces de “iniciar camiños novos cara á verdadeira liberdade” e para o coidado da casa común con pequenos xestos de cada quen na súas casas e dos gobernos do mundo.
Tamén o Secretario Xeral das Nacións Unidas António Guterres escribe: Neste Día Internacional da Terra, todas as miradas están postas na pandemia do  COVID-19, o maior desafío ao que se enfronta o mundo desde a Segunda Guerra Mundial. Debemos traballar xuntos para salvar vidas, aliviar o sufrimento e reducir as devastadoras consecuencias económicas e sociais.Pero hai outra profunda emerxencia: a crise ambiental que se está producindo no planeta. As perturbacións do clima están a achegarse a un punto de non retorno. Debemos actuar con decisión para protexer o noso planeta tanto do coronavirus como da ameaza existencial das perturbacións climáticas. Necesitamos converter a recuperación nunha verdadeira oportunidade de facer o correcto para o futuro. 

martes, 21 de abril de 2020

MENSAXE DE ESPERANZA

Gustoume este texto (fragmento) das Dominicas de  Lerma (Reto do Amor); paréceme que hoxe podemos escribir no noso caderno de bitácora ou diario unha mensaxe de esperanza e  darllo a alguén da nosa familia-casa, ou ben gardalo para ser fortes nestes momentos ou agradecer cada día que brota no que podemos vivir  e crecer.

"Hoxe, despois dun mes, moitas árbores están a brotar dunha maneira tímida á vida, cada un ao seu estilo: un con pequenas flores, outros con pequenas follas verdes, cada un segundo a súa especie. Pero todos están xa con vida; a Natureza dinos que todo segue o seu curso e que, se esperamos no Señor, veremos os froitos. 
A esperanza é a que nos mantén vivos; se perdemos a esperanza, morremos en vida. Se vivimos da desesperanza, o froito será a angustia, a ansiedade... pero, se deixamos que a esperanza entre na nosa vida e vivimos dela, entón todo renóvase. É como cando che tocou un décimo de lotería: sabes que o teu décimo está premiado, pero aínda non tes o premio. A esperanza non é outra cousa que deixar en mans do Señor aquilo onde ti e eu non chegamos, sabendo que El si chega. É confiar a nosa vida a El. Porque a esperanza nel non defrauda."








luns, 20 de abril de 2020

LIBROS LIBROS LIBROS


Estes días nos que aparece tanta néboa na mañá desexas quedarche na cama ou á calor da cociña e pensas... "hoxe toca morriña". 
Un bo libro sempre sae ao noso encontro, é unha axuda eficaz para levantarnos o ánimo e levarnos a lugares onde a imaxinación é a dona e a realidade faise menos amarga. 
Esta semana adicada aos libros, recoméndovos que retomedes aqueles que deixarades nalgún caixón; aquel que vos gustou tanto que merece a pena volver lelo... 
Lede vós, lede cos vosos fillos, lede en familia. 
Saíu o sol e o horizonte vese máis despexado e un bo libro acompáñame. 

Poesía - Gloria Fuertes
El Quijote - Miguel de Cervantes
 
El hombre en busca de sentido- Victor Frankl