COLEXIO PLURILINGÜE NOSA SEÑORA DO ROSARIO

"
No solamente unidos sino todos un solo
corazón y una sola alma
." (D. Baltasar Pardal Vidal)

sábado, 6 de marzo de 2021

FESTA DO QUEIXO - ARZÚA

 Como todos sabemos seguimos no estado de alerta, aínda que as restricións fixéronse máis suaves.... por iso animamos a todos a seguir as medidas de coidado persoal e comunitario. 

En Arzúa estamos de festa, sí!: a FESTA DO QUEIXO! na súa 46 edición; e comezámola da mellor maneira posible: "en liña", co pregón escrito e compartido por alumnos de todos os centros educativos do concello. 

Desde este centro educativo, queremos agradecer ao concello e ao seu departamento de cultura esta iniciativa. Para os que non o seguistes en directo anímovos a que o escoitedes en diferido; estiveron brillantes,  concisos, locuaces, expresivos (aínda con máscara!), agradecidos ... e ilusionados de pertencer a esta comunidade que conforma esta comarca de Arzúa.

Grazas nenos, xóvenes, profes e familias.... 

ESTAMOS A QUIXEAR 2021!



Ningún comentario:

Publicar un comentario