O Día Mundial de Loita contra a Desertificación e a Seca, celébrase o 17 de xuño de cada ano. O decreto foi establecido pola ONU co obxectivo de crear conciencia da importancia que ten para os seres humanos e o planeta atacar e dar solucións aos problemas de desertificación e seca que representan graves problemas presentes e futuros para toda a humanidade.
Déixovos o vídeo que a ONU nos recomenda para recordar este día e tamén as palabras do Papa animándonos a todos a coidar a nosa casa común que é o planeta terra.
A campaña da Igrexa "se coidas o planeta combates a pobreza" anímanos a vivir doutra maneira na que os ciclos vitais de todos os seres vivos sexan respectados e coidados. Así a riqueza pode ser sostible e en cantidade suficiente que chegue para todos.
Contempla o marabilloso que é o noso planeta...
Ningún comentario:
Publicar un comentario