COLEXIO PLURILINGÜE NOSA SEÑORA DO ROSARIO

"
No solamente unidos sino todos un solo
corazón y una sola alma
." (D. Baltasar Pardal Vidal)

domingo, 29 de marzo de 2020

HOXE É DOMINGO

Hoxe, domingo 29 de marszo 2020, convídovos a ler as lecturas da Palabra do Señor
A moitos nos fará caer na conta de que DEUS sempre está connosco, na adversidade, na enfermidade, na alegría e.... NA CASA.
Pódelo descubrir, feliz domingo!

sábado, 28 de marzo de 2020

RESILENCIA, NUESTRA ALIADA

Estes días está a escoitarse moito a palabra RESILENCIA.
que significa?, 
porqué é importante?, 
para que nos serve xestionar con  resilencia nosa vida?

Resiliencia é a capacidade que ten o ser humano para afrontar as dificultades, os problemas e as adversidades da vida, superalas e transformalas.

Anímovos a ler este artigo de Sandra Izaguirre García, psicóloga do grupo de intervención en catástrofes e emerxencias en Galicia

venres, 27 de marzo de 2020

ALGO DE PSICOLOXÍA



Desde o Colexio  Plurilingue Nosa Señora do Rosario, queremos trasladarvos todo o noso afecto e cariño nun momento tan difícil para a nosa comunidade e seguir loitando con esperanza e fe.

Este é o enlace do Colexio Oficial de  Psicoloxía de Galicia , na cal se integran  orientación, documentos  e recomendacións para a comunidade educativa.

xoves, 26 de marzo de 2020

ACTITUDES FRONTE A ESTA PANDEMIA

De nós depende....
Ánimo, falta menos para poder abrazar, consolar, sonreir, axudar, bicar, acariñar....


mércores, 25 de marzo de 2020

TEMOS QUE COIDARNOS


Outro día máis, e un novo reto para quedarnos na casa e seguir coidándose.
Un abrazo grande grande grande....

martes, 24 de marzo de 2020

UN DÍA NOVO



Facía tempo que non usaba o blogue como medio de comunicación; parece que este  é tempo de facelo e suxerir e provocar cada  NOVO DÍA un sorriso, un desexo, unha oración, unha ilusión...;  tal como reza o lema deste ano # ETiQueFas?

Vou inserir pequenas reflexións  co ánimo de que nos axuden a todos a afrontar esta realidade con esperanza e confianza.

Ánimo para todos e cada un/a: os nenos, as nenas, as mamis, os  papis, avós e avoas,  e amigos/ as de toda a familia da Grande Obra de Atocha-CPR Plurilingüe Nosa Señora do Rosario.







xoves, 29 de marzo de 2018

MES ADICADO A DON BALTASAR

Durante o mes .de marzo lembramos ao noso fundador Baltasar Pardal. Realizamos xogos usando as iniciais do seu nome, descubrimos as súas calidades como sacerdote, fundador, profesor, catequista. Coas nosas familias dedicámoslle poesías que brotan do corazón. Celebramos a Eucaristía o 6 de marzo con todo o pobo de Arzúa ás 12 do medio día. Tivemos a sorte de que a nosa directora, Mª dos Ángeles Santamarta Rodríguez, foi a relatora da Cátedra de D. Baltasar en Santiago de Compostela e na Coruña co título "O soño de D. Baltasar contado polos nenos: historia de salvación, carisma que se expande"