COLEXIO PLURILINGÜE NOSA SEÑORA DO ROSARIO

"
No solamente unidos sino todos un solo
corazón y una sola alma
." (D. Baltasar Pardal Vidal)

sábado, 1 de maio de 2021

MES DE MAIO..... E OUTRAS “FESTAS”


Comezamos o mes de maio con moitas ganas de festa... e que menos que celebrar hoxe a San Xosé Obreiro, lembrando a toda a xente que dignifica a súa vida e a súa familia co traballo, tamén rezamos por aqueles que o perderon ou que non o atopan... Oxalá que o modelo que nos deixa a familia de  Nazaret axúdenos a atopar e vivir unha realidade máis xusta.

E, falando de Familia....., este mes de maio lembramos á Virxe María, presentámoslle os nosos desexos, oracións e agradecementos.... primeiro polas nosas “mamás”, elas merecen todos os agasallos do mundo.

Animámosvos a rezar connosco, durante esta primeira semana do mes de maio, unha breve  súplica que prepararon os nenos e nenas de  Educación Infantil para felicitar á mamá do Neno Xesús e a cada unha das nosas nais.

Cada semana iremos propoñendo unha pequena  súplica preparada con agarimo; como quería D. Baltasar recemos cun  corazón de neno alegre e confiado ante o seu pai/nai.


mércores, 31 de marzo de 2021

RECOÑECEMENTO .... e algunhas reflexións



Terminamos o mes adicado ao noso fundador D. Baltasar con moita alegría pois descubrimos cousas que non coñeciamos e tamén valoramos as actitudes e as virtudes que tiña e grazas ás cales fundou A Grande Obra de Atocha. 

O noso RECOÑECEMENTO é inmenso, tal como animábanos a profundar este mes a etapa virtual do noso Camiño de Santiago. 

Grazas a iso miramos e descubrimos a D. Baltasar "por fóra" e "por dentro" e quixemos ser parte da súa acción: co noso sorriso, con ilusión, coa nosa confianza e nosa fe, con xenerosidade, con sinxeleza e alegría; con amor e traballo...

Grazas D. Baltasar!




venres, 19 de marzo de 2021

FESTA DE SAN XOSÉ

 Hoxe celebramos a  fetividade de San Xosé.

É un dos patróns da Grande Obra de Atocha tal como era o desexo de      D. Baltasar. Por iso, hoxe, festexamos a todos os "papás", para que como San Xosé protexan e coiden das súas familias. 

Tamén felicitamos a todos os que levan o seu nome: " josés", "josefas", "finas",  "pepes", "pepitas", "xosés", "xosefas"....

Desexamos de todo corazón que esta festa sexa entrañable e familiar.

Desde a comunidade educativa do CPR Plurilingüe Nosa Señora do Rosario,  desexámosvos o mellor.



domingo, 14 de marzo de 2021

NOVO BLOGUE DE PASTORAL

 Pouquiño a pouco imos creando "nubes" con as cousiñas que facemos....

Sabedes que o noso ideario quere levara acada unha das familias o Evanxeo e as ensinanzas de Xesús.

Os nenos e nenas son os mellores transmisores desta vivenza e fe en o Señor Xesús.

Aquí tedes alguhnas "cousiñas" que imos facendo no día a día.... esperamos que vos guste.


BLOGUE DE PASTORAL NOSA SEÑORA DO DO ROSARIO



sábado, 6 de marzo de 2021

FESTA DO QUEIXO - ARZÚA

 Como todos sabemos seguimos no estado de alerta, aínda que as restricións fixéronse máis suaves.... por iso animamos a todos a seguir as medidas de coidado persoal e comunitario. 

En Arzúa estamos de festa, sí!: a FESTA DO QUEIXO! na súa 46 edición; e comezámola da mellor maneira posible: "en liña", co pregón escrito e compartido por alumnos de todos os centros educativos do concello. 

Desde este centro educativo, queremos agradecer ao concello e ao seu departamento de cultura esta iniciativa. Para os que non o seguistes en directo anímovos a que o escoitedes en diferido; estiveron brillantes,  concisos, locuaces, expresivos (aínda con máscara!), agradecidos ... e ilusionados de pertencer a esta comunidade que conforma esta comarca de Arzúa.

Grazas nenos, xóvenes, profes e familias.... 

ESTAMOS A QUIXEAR 2021!



luns, 1 de marzo de 2021

MES ADICADO A D. BALTASAR

Empeza marzo e, como todos os anos, dedicámolo a profundizar máis na figura de D. Baltasar.

O tres de marzo cúmprense 58 anos do seu falecemento, da súa entrada á VIDA ETERNA. 

Este ano de pandemia, alerta sanitaria, distanciamento social, etc, etc.... non queremos deixar pasar a ocasión para "descubrir detrás dunha máscara a D. Baltasar"

Querémolo celebrar ao grande e, nas clases -durante todo o mes- realizaremos actividades e investigacións sobre os valores que promovía D. Baltasar para as escolas da Grande Obra de Atocha por el fundadas.

Apetéceche axudarnos?

Clica a seguinte ligazón e ..... aprenderás moito!


DON BALTASAR 



mércores, 21 de outubro de 2020

CUMPRIMOS OS PROTOCLOS COVID-19

 

Hai un mes comezabamos con moita ilusión este curso escolar 2020/2021. Tivemos que aprender protocolos e accións para protexernos do virus e para coidar e previr a súa expansión a outra xente. Conseguímolo!  E, ti; es responsable?

Se eu cóidome, cóidoche a  tí; coidámonos todos. 

Dá grazas a deus por cada novo día e ás persoas próximas e queridas  regálalles unha mirada tenra e alegre.