Terminamos o mes adicado ao noso fundador D. Baltasar con moita alegría pois descubrimos cousas que non coñeciamos e tamén valoramos as actitudes e as virtudes que tiña e grazas ás cales fundou A Grande Obra de Atocha.
O noso RECOÑECEMENTO é inmenso, tal como animábanos a profundar este mes a etapa virtual do noso Camiño de Santiago.
Grazas a iso miramos e descubrimos a D. Baltasar "por fóra" e "por dentro" e quixemos ser parte da súa acción: co noso sorriso, con ilusión, coa nosa confianza e nosa fe, con xenerosidade, con sinxeleza e alegría; con amor e traballo...
Grazas D. Baltasar!
Ningún comentario:
Publicar un comentario