COLEXIO PLURILINGÜE NOSA SEÑORA DO ROSARIO

"
No solamente unidos sino todos un solo
corazón y una sola alma
." (D. Baltasar Pardal Vidal)
Amosando publicacións coa etiqueta baltasar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta baltasar. Amosar todas as publicacións

mércores, 31 de marzo de 2021

RECOÑECEMENTO .... e algunhas reflexións



Terminamos o mes adicado ao noso fundador D. Baltasar con moita alegría pois descubrimos cousas que non coñeciamos e tamén valoramos as actitudes e as virtudes que tiña e grazas ás cales fundou A Grande Obra de Atocha. 

O noso RECOÑECEMENTO é inmenso, tal como animábanos a profundar este mes a etapa virtual do noso Camiño de Santiago. 

Grazas a iso miramos e descubrimos a D. Baltasar "por fóra" e "por dentro" e quixemos ser parte da súa acción: co noso sorriso, con ilusión, coa nosa confianza e nosa fe, con xenerosidade, con sinxeleza e alegría; con amor e traballo...

Grazas D. Baltasar!




luns, 1 de marzo de 2021

MES ADICADO A D. BALTASAR

Empeza marzo e, como todos os anos, dedicámolo a profundizar máis na figura de D. Baltasar.

O tres de marzo cúmprense 58 anos do seu falecemento, da súa entrada á VIDA ETERNA. 

Este ano de pandemia, alerta sanitaria, distanciamento social, etc, etc.... non queremos deixar pasar a ocasión para "descubrir detrás dunha máscara a D. Baltasar"

Querémolo celebrar ao grande e, nas clases -durante todo o mes- realizaremos actividades e investigacións sobre os valores que promovía D. Baltasar para as escolas da Grande Obra de Atocha por el fundadas.

Apetéceche axudarnos?

Clica a seguinte ligazón e ..... aprenderás moito!


DON BALTASAR 



martes, 31 de marzo de 2020

MES DE BALTASAR PARDAL VIDAL

Como sabedes no mes de marzo realizamos actividades de todo tipo dedicadas a D. Baltasar para agradecer o seu exemplo de vida e o ser o noso fundador. 

Empezaramos a investigar sobre a súa vida e ...zas!, chegou o  COVID-19... polo que finalizamos o traballo de forma  on- line.

Esperamos que vos guste. 

Sigamos animándonos con fe e confiando como os nenos "que o esperan todo do seu pai" como dicía D. Baltasar.


xoves, 29 de marzo de 2018

MES ADICADO A DON BALTASAR

Durante o mes .de marzo lembramos ao noso fundador Baltasar Pardal. Realizamos xogos usando as iniciais do seu nome, descubrimos as súas calidades como sacerdote, fundador, profesor, catequista. Coas nosas familias dedicámoslle poesías que brotan do corazón. Celebramos a Eucaristía o 6 de marzo con todo o pobo de Arzúa ás 12 do medio día. Tivemos a sorte de que a nosa directora, Mª dos Ángeles Santamarta Rodríguez, foi a relatora da Cátedra de D. Baltasar en Santiago de Compostela e na Coruña co título "O soño de D. Baltasar contado polos nenos: historia de salvación, carisma que se expande"