Estamos a comezar un novo curso escolar con certas incertezas, con algunhas perdas humanas e con moita ilusión de terminalo podendo dar abrazos, sonreir sen a máscara e gozar de ser familia en calquera contorna.
Desexamos que os retos que vaia traendo o día a día desta misión educativa faga de nos mellores persoas, comprometidas co Evanxeo e coa construción dunha sociedade xusta, "coidadora" do presente e do futuro.
Agradecémosvos que podamos compartir a vida sendo verdadeiramente unha Comunidade Educativa dentro da Familia da Grande Obra de Atocha, fundada polo Venerable Baltasar Pardal e das Fillas da Natividade de María.
Este ano facemos camiño coa figura evanxélica de Zaqueo e poñemos en valor o #encontraT
#encontraT |