COLEXIO PLURILINGÜE NOSA SEÑORA DO ROSARIO

"
No solamente unidos sino todos un solo
corazón y una sola alma
." (D. Baltasar Pardal Vidal)

domingo, 23 de maio de 2021

O MES DE MAIO

Damos comenzo á última semana do mes de maio na que todos estamos afanados ó final deste curso escolar...

Queremos axudar a que este ritmo "un pouquiño atafegante" transfórmese en seguridade e esperanza a través da pregaria realizada polos alumnos/as da ESO na que mesturaron oracións antigas, conservadas pola tradición oral e escrita, con  súplicas de creación propia.

A confianza nunha nai sempre dá os seus froitos; poñamos os nosos anhelos nas mans de María, Nai de X
esús, para que Ela siga acompañando a nosa vida con tenrura e alegría.

Ave Maria!


domingo, 16 de maio de 2021

NIÑO JESÚS DE ATOCHA Y FAMILIAS.....

Los alumnos/as de 4-5-6 de EP realizaron su oración a la Virgen María, en este mes de mayo, recordando las necesidades de todas las familias de La Grande Obra de Atocha en cualquier rincón del mundo y de todos aquellos que nos quieren y que sufren cualquier tipo de enfermedad. 
La ternura y la sencillez de los niños y niñas pidiendo protección a la Madre de Jesús nos haga transformar nuestro corazón y nuestros gestos para acoger a todos en su realidad.
Os animamos 🙏🏻🙏🏻🙏🏻👇🏼👇🏼👇🏼👇🏼👇🏼



#SementaVida

venres, 7 de maio de 2021

Moitas necesidades!....


Damos as grazas aos alumnos de  Educación Infantil por compartir connosco a súa preciosa oración á Virxe María nesta primera semana de maio.
Hoxe, os alumnos de 1º, 2º, 3º de  Educación Primaria recitan a Virxe María poesías compostas por eles e lémbrannos oracións moi antigas;  tenrura e agarimo para nosa nai do ceo.
Coas súas palabras pedimos por todos os pobos, por todos os países, por todos .... ante tantas necesidades.
Rezas connosco?


sábado, 1 de maio de 2021

MES DE MAIO..... E OUTRAS “FESTAS”


Comezamos o mes de maio con moitas ganas de festa... e que menos que celebrar hoxe a San Xosé Obreiro, lembrando a toda a xente que dignifica a súa vida e a súa familia co traballo, tamén rezamos por aqueles que o perderon ou que non o atopan... Oxalá que o modelo que nos deixa a familia de  Nazaret axúdenos a atopar e vivir unha realidade máis xusta.

E, falando de Familia....., este mes de maio lembramos á Virxe María, presentámoslle os nosos desexos, oracións e agradecementos.... primeiro polas nosas “mamás”, elas merecen todos os agasallos do mundo.

Animámosvos a rezar connosco, durante esta primeira semana do mes de maio, unha breve  súplica que prepararon os nenos e nenas de  Educación Infantil para felicitar á mamá do Neno Xesús e a cada unha das nosas nais.

Cada semana iremos propoñendo unha pequena  súplica preparada con agarimo; como quería D. Baltasar recemos cun  corazón de neno alegre e confiado ante o seu pai/nai.