Comezamos o mes de maio con moitas ganas de festa... e que menos que celebrar hoxe a San Xosé Obreiro, lembrando a toda a xente que dignifica a súa vida e a súa familia co traballo, tamén rezamos por aqueles que o perderon ou que non o atopan... Oxalá que o modelo que nos deixa a familia de Nazaret axúdenos a atopar e vivir unha realidade máis xusta.
E, falando de Familia....., este mes de maio lembramos á Virxe María, presentámoslle os nosos desexos, oracións e agradecementos.... primeiro polas nosas “mamás”, elas merecen todos os agasallos do mundo.
Animámosvos a rezar connosco, durante esta primeira semana do mes de maio, unha breve súplica que prepararon os nenos e nenas de Educación Infantil para felicitar á mamá do Neno Xesús e a cada unha das nosas nais.
Cada semana iremos propoñendo unha pequena súplica preparada con agarimo; como quería D. Baltasar recemos cun corazón de neno alegre e confiado ante o seu pai/nai.
Ningún comentario:
Publicar un comentario