Os alumnos de E. Infantil realizaron no segundo trimestre dous proxectos super chulos e interesantes: OS PIRATAS e AS ABELLAS
Surcaron os mares cantando como grumetes e timonando grandes barcos buscando tesouros en illas remotas.
Celebraron a chegada da primavera con mostra amigas as abellas: foron á súa casa no Enredo do Abelleiro en Dombodan, coa cera fixeron velas e tomaron un rechupete de mel.
Foi un trimestre xenial!
COLEXIO PLURILINGÜE NOSA SEÑORA DO ROSARIO
"
No solamente unidos sino todos un solo
corazón y una sola alma
." (D. Baltasar Pardal Vidal)
Amosando publicacións coa etiqueta proyectos b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta proyectos b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 29 de marzo de 2018
mércores, 8 de febreiro de 2017
OS CASTELOS
Os alumnos de infantil traballarán este mes no proxecto de "os castelos": serán os príncipes, princesas, cabaleiros, damas, artesáns... e moito máis...
venres, 10 de xuño de 2016
CAMIÑO DE SANTIAGO
Os nenos e nenas de 5º de EP/6º de EP/ 1º ESO/ 2º ESO do Colexio Nosa Señora do Rosario de Arzúa (A Coruña) están a traballar sobre O Camiño de Santiago a súa importancia no mapa do Patrimonio Galego e como poder conservalo. Fixemos con Óscar un percorrido pola vila de Arzúa invetigando e observando cales eran boas actuacións nos edificios situados a carón do Camiño. Temén ensinounos a mirar as pedras, diferenciar o que é "novo" do que é valioso porque trasmite parte da nosa cultura galega e do Camiño.
xoves, 9 de xuño de 2016
ENTREGA DE DIPLOMAS DA ACTIVIDADE "PASAPORTE SOLIDARIO"
Os rapaces do noso colexio, recibiron onte o certificado que acredita a súa participación no programa Pasaporte Solidario, unha iniciativa da Consellería de Política Social coa que se persegue fomentar valores de solidariedade, participación, compromiso social e voluntariado entre a comunidade educativa.
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta, Cecilia Vázquez, desprazouse ata o Centro para facer entrega das acreditacións, que validan que cada participante no programa implicouse activamente nunha acción solidaria.
Gracias a todos!!!!
domingo, 29 de maio de 2016
PLAN PROXECTA "O CAMIÑO"
Este ano estivemos a traballar no plan proxecta adicado ao CAMIÑO.
Connosco estivo Óscar qu ensinounos a valorar o entorno que temos e saber diferenciar as estructuras tradicionais das que facemos agora con novos materiais.
Tamén, dende a oficina de Patrimonio da Xunta nos facilitaron unha guía que fixo con nós o recorrido da muralla medieval d cidade de Santiagode Compostela; visitamos a tumba do Apóstolo e o museo das Peregrinacións.
Con anterioridade fixemos o percorrido do Camiño do Norte dende Baamonde ata Arzúa como preparación para facelo no verán con nenos doutros colexios da Grande Obra de Atocha.
mércores, 11 de maio de 2016
ESTAMOS CO NOSO EQUIPO CDS-ARZÚA
Os alumnos do colexio Nosa Señora do Rosario - Atocha gravamos un vídeo para animar ao equipo de fútbol CSD Arzúa que este fin de semana xoga un partido decisivo.
AUPA!
luns, 9 de maio de 2016
DÍA DE EUROPA
Hoxe, celebramos no colexio o DIA DE EUROPA.
Unha representación de alumnos e profesores fomos recibidos polo Alcalde-Presidente de Arzúa e no Concello, no salón de Plenos, límos un manifesto para honrar este día tan importante; xogamos a aprender e a ensinar sobre a C.E. e, tamén nos adiantamos ao DIA das LETRAS GALEGAS cantando "Ou Cuco" de Manuel María para finalizar tan boa acollida.
Felicidades Europa!


Etiquetas:
APS,
dias,
dirección,
proyectos,
salidas escolares
Localización:
Arzúa, A Coruña, España
domingo, 1 de maio de 2016
PASAPORTE SOLIDARIO
Estivo connosco Cristobal Ramírez; namorado do Camiño e do dereito para ser solidarios os uns cos outros.
Aos maiores falounos do camiño: o seu inicio, as lendas que o envolven, o respecto ás crenzas, o seu auxe nestes momentos da historia; e, .... moitas cososas máis.
Aos máis pequenos recolleunos o Pasaporte solidario...
que traballamos no segundo trimestre.
Falamos con él, sobre todo, do coidado do medio ambiente, do patrimonio e do respecto aos animais e da axuda ás persoas que viven preto de nós. Tamén lle dixemos que estamos a ensinar a reciclar nas nosas casas, no pobo e no colexio para conservar e coidar a nosa contorna.
Todos lle pedimos que volvese o ano que ven cun "máis difícil".
Aos nenos encántanos colaborar, axudar e aprender... así facemos un mundo mais xusto e humano.
Localización:
Arzúa, A Coruña, España
xoves, 28 de abril de 2016
FACENDO RECICLAXE NA AULA, NA FAMILIA, NO ENTORNO
Poñemos no voso coñecemento que Sogama, co apoio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, vén de lanzar o sitio web www.compostaconsogama.gal, co que pretende proporcionar aos cidadáns toda a información relativa ao proceso de autocompostaxe e os seus beneficios ambientais, económicos e sociais.
Tamén podedes premer nen CADERNO VERDE para identificar as boas prácticas vinculadas ao consumo responsable de cara a producir menos lixo. Praza de Abastos, feira, produtos a granel, artigos locais e de tempada, etc, son conceptos a traballar neste eido.
Tamén o "boca a boca" funciona; nós estivemos na feria de Arzúa ensinando e aconseñando á xente o noso deber de reciclar, rehusar e reutilizar... os deixamos estas fotos.
GRAZAS
Agardamos que sexa do voso interese e de utilidade .
martes, 26 de abril de 2016
RECICLAMOS TODOS
Os alumnos de 5º de primaria estiveron na feira do 22 para concienciar á xente da importancia de reciclar o noso lixo e deshechos...
Ensináronlles a separar nos diversos colectores os residuos que xeramos ao longo do día.
Grazas mozos!!!
APADRINAMENTO DUN LIBRO
Con varias actividades no colexio festexamos o DÍA DO LIBRO.
Grazas A OS "PEQUECHOS" porque sempre nos ensinan a gozar A O GRANDE das actividades cotiás.
Grazas A OS "PEQUECHOS" porque sempre nos ensinan a gozar A O GRANDE das actividades cotiás.
xoves, 21 de abril de 2016
DÍA DO LIBRO
O 23 de abril celebramos o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO.
Estamos a decorar todo o colexio con distintas iniciativas para fomentar a boa lectura entre nós.
SÉGUESNOS?
martes, 19 de abril de 2016
A COMBUSTIÓN
Nada mellor que facer prácticas na clase e experimentar....
Os nenos/as de 3º de primaria tivemos a explicación de que é a combustión no patio do colexio cun mini experimento con papel, lume e alcol.
Seguro que non se nos esquece!!!!!
VISITAMOS O PUNTO LIMPO DA COMARCA DE ARZÚA
Alumnas e alumnos de 5º de EP do noso colexio VISITAMOS o punto limpo de Arzúa.
Levamos diversos materiais para a súa reciclaxe: pilas, toner, plásticos, tinta, etc...
Explicáronnos como separaban por colectores para reciclar, o horario para o público en xeral e o transporte cara ás disferentes plantas de reciclaxe galegas.
Grazas, aprendemos moito.
XUNTANZA NO CAMIÑO DE SANTIAGO
Alumnas e alumnos de 3º de ESO e 6º de EP do noso colexio gozamos onte de de unha xornada de Camiño xunto cos alumnos de Lasalle de Palencia.
Grazas amigos!!!
¡BUEN CAMINO ! BÓ CAMIÑO!
mércores, 13 de abril de 2016
CORREOS E BUZÓNS
Xa comenzamos co proxecto de CORREOS; podedes mirar a GALERÍA DE FOTOS na web do colexio.
Os que queirades participar podedes facelo seguindo as normas dun correo postal: selo, dirección e remite.
Tamén podedes vir o Colexio e ver cómo están decoradas as rúas, os buzóns e os edificios.
Grazas
martes, 12 de abril de 2016
PROXECTO "SERVIZO DE CORREOS"
Neste terceiro trimestre, o Colexio está inmerso nun novo proxecto, aínda que sen deixar de lado, "La Vuelta al Mundo en 80 Días".
Esta vez, o noso cole está reconvertido nunha pequena cidade, coas súas rúas e prazas.
En todas as aulas e espazos, hai buzóns para poder cartearnos coa xente que queiramos; os papás se queredes, teredes un buzón na praza de Don Baltasar ( na entrada de Secretaria) para poder deixar as vosas cartiñas.....
As cartas deben levar dirección, remite e selo (podedes debuxalo ou recortar dunha revista).
A gran Empresa Correos, está a se involucrar neste proxecto, e xa nos mandou material para que poidamos facelo ben....
As nosas dirección son..... (pinchad en el enlace) CORREOS
martes, 5 de abril de 2016
CALZADAS ROMANAS
Os alumnos de 5 anos explicaron aos alumnos de 1º de ESO a cultura de Roma despois de traballalo no seu proxecto trimestral "Calzadas Romanas".
Xa temos futuros profes!. Todos aprenderon moito. Seguiremos con este intercambio xeracional.
Grazas a papás, avós, profes, alumnos porque nos ensinastes moito...



sábado, 26 de marzo de 2016
ESTIVEMOS COS "NENOS MAIORES" DA RESIDENCIA
O mércores 16 de marzo gozamos duhnas horas de convivencia cos maiores da Residencia "San José" de Arzúa.
Celebramos o seu 10º aniversario: cantamos cancións, compartimos alegría e cariño.
Grazas por convidarnos!
Copiamos a ligazón de fotos que publicou a Residencia.... aparecen moitas connosco!...
Que guapos estamos todos!
sábado, 19 de marzo de 2016
ESTIVEMOS DE EXCURSIÓN NO COLEXIO
O xoves 17 de marzo os alumnos de infantil estiveron a percorrer o colexio e descubriron... unha CHEA DE SORPRESAS!
E... fixéronse maiores!
E... fixéronse maiores!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





































