Estivo connosco Cristobal Ramírez; namorado do Camiño e do dereito para ser solidarios os uns cos outros.
Aos maiores falounos do camiño: o seu inicio, as lendas que o envolven, o respecto ás crenzas, o seu auxe nestes momentos da historia; e, .... moitas cososas máis.
Aos máis pequenos recolleunos o Pasaporte solidario...
que traballamos no segundo trimestre.
Falamos con él, sobre todo, do coidado do medio ambiente, do patrimonio e do respecto aos animais e da axuda ás persoas que viven preto de nós. Tamén lle dixemos que estamos a ensinar a reciclar nas nosas casas, no pobo e no colexio para conservar e coidar a nosa contorna.
Todos lle pedimos que volvese o ano que ven cun "máis difícil".
Aos nenos encántanos colaborar, axudar e aprender... así facemos un mundo mais xusto e humano.
Ningún comentario:
Publicar un comentario