COLEXIO PLURILINGÜE NOSA SEÑORA DO ROSARIO

"
No solamente unidos sino todos un solo
corazón y una sola alma
." (D. Baltasar Pardal Vidal)

mércores, 27 de outubro de 2021

NOVO CURSO ESCOLAR 2021/2022

 Estamos a comezar un novo curso escolar con certas incertezas, con algunhas perdas humanas e con moita ilusión de terminalo podendo dar abrazos, sonreir sen a máscara e gozar de ser familia en calquera contorna.

Desexamos que os retos que vaia traendo o día a día desta misión educativa faga de nos mellores persoas, comprometidas co Evanxeo e coa construción dunha sociedade xusta, "coidadora" do presente e do futuro.

Agradecémosvos que podamos compartir a vida sendo verdadeiramente unha Comunidade Educativa dentro da Familia da Grande Obra de Atocha, fundada polo Venerable Baltasar  Pardal e das Fillas da Natividade de María.

Este ano facemos camiño coa figura evanxélica de Zaqueo e poñemos en valor o #encontraT

#encontraT


domingo, 23 de maio de 2021

O MES DE MAIO

Damos comenzo á última semana do mes de maio na que todos estamos afanados ó final deste curso escolar...

Queremos axudar a que este ritmo "un pouquiño atafegante" transfórmese en seguridade e esperanza a través da pregaria realizada polos alumnos/as da ESO na que mesturaron oracións antigas, conservadas pola tradición oral e escrita, con  súplicas de creación propia.

A confianza nunha nai sempre dá os seus froitos; poñamos os nosos anhelos nas mans de María, Nai de X
esús, para que Ela siga acompañando a nosa vida con tenrura e alegría.

Ave Maria!


domingo, 16 de maio de 2021

NIÑO JESÚS DE ATOCHA Y FAMILIAS.....

Los alumnos/as de 4-5-6 de EP realizaron su oración a la Virgen María, en este mes de mayo, recordando las necesidades de todas las familias de La Grande Obra de Atocha en cualquier rincón del mundo y de todos aquellos que nos quieren y que sufren cualquier tipo de enfermedad. 
La ternura y la sencillez de los niños y niñas pidiendo protección a la Madre de Jesús nos haga transformar nuestro corazón y nuestros gestos para acoger a todos en su realidad.
Os animamos 🙏🏻🙏🏻🙏🏻👇🏼👇🏼👇🏼👇🏼👇🏼



#SementaVida

venres, 7 de maio de 2021

Moitas necesidades!....


Damos as grazas aos alumnos de  Educación Infantil por compartir connosco a súa preciosa oración á Virxe María nesta primera semana de maio.
Hoxe, os alumnos de 1º, 2º, 3º de  Educación Primaria recitan a Virxe María poesías compostas por eles e lémbrannos oracións moi antigas;  tenrura e agarimo para nosa nai do ceo.
Coas súas palabras pedimos por todos os pobos, por todos os países, por todos .... ante tantas necesidades.
Rezas connosco?


sábado, 1 de maio de 2021

MES DE MAIO..... E OUTRAS “FESTAS”


Comezamos o mes de maio con moitas ganas de festa... e que menos que celebrar hoxe a San Xosé Obreiro, lembrando a toda a xente que dignifica a súa vida e a súa familia co traballo, tamén rezamos por aqueles que o perderon ou que non o atopan... Oxalá que o modelo que nos deixa a familia de  Nazaret axúdenos a atopar e vivir unha realidade máis xusta.

E, falando de Familia....., este mes de maio lembramos á Virxe María, presentámoslle os nosos desexos, oracións e agradecementos.... primeiro polas nosas “mamás”, elas merecen todos os agasallos do mundo.

Animámosvos a rezar connosco, durante esta primeira semana do mes de maio, unha breve  súplica que prepararon os nenos e nenas de  Educación Infantil para felicitar á mamá do Neno Xesús e a cada unha das nosas nais.

Cada semana iremos propoñendo unha pequena  súplica preparada con agarimo; como quería D. Baltasar recemos cun  corazón de neno alegre e confiado ante o seu pai/nai.


mércores, 31 de marzo de 2021

RECOÑECEMENTO .... e algunhas reflexións



Terminamos o mes adicado ao noso fundador D. Baltasar con moita alegría pois descubrimos cousas que non coñeciamos e tamén valoramos as actitudes e as virtudes que tiña e grazas ás cales fundou A Grande Obra de Atocha. 

O noso RECOÑECEMENTO é inmenso, tal como animábanos a profundar este mes a etapa virtual do noso Camiño de Santiago. 

Grazas a iso miramos e descubrimos a D. Baltasar "por fóra" e "por dentro" e quixemos ser parte da súa acción: co noso sorriso, con ilusión, coa nosa confianza e nosa fe, con xenerosidade, con sinxeleza e alegría; con amor e traballo...

Grazas D. Baltasar!




venres, 19 de marzo de 2021

FESTA DE SAN XOSÉ

 Hoxe celebramos a  fetividade de San Xosé.

É un dos patróns da Grande Obra de Atocha tal como era o desexo de      D. Baltasar. Por iso, hoxe, festexamos a todos os "papás", para que como San Xosé protexan e coiden das súas familias. 

Tamén felicitamos a todos os que levan o seu nome: " josés", "josefas", "finas",  "pepes", "pepitas", "xosés", "xosefas"....

Desexamos de todo corazón que esta festa sexa entrañable e familiar.

Desde a comunidade educativa do CPR Plurilingüe Nosa Señora do Rosario,  desexámosvos o mellor.