Os rapaces do noso colexio, recibiron onte o certificado que acredita a súa participación no programa Pasaporte Solidario, unha iniciativa da Consellería de Política Social coa que se persegue fomentar valores de solidariedade, participación, compromiso social e voluntariado entre a comunidade educativa.
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta, Cecilia Vázquez, desprazouse ata o Centro para facer entrega das acreditacións, que validan que cada participante no programa implicouse activamente nunha acción solidaria.
Gracias a todos!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario