Como todos sabemos seguimos no estado de alerta, aínda que as restricións fixéronse máis suaves.... por iso animamos a todos a seguir as medidas de coidado persoal e comunitario.
En Arzúa estamos de festa, sí!: a FESTA DO QUEIXO! na súa 46 edición; e comezámola da mellor maneira posible: "en liña", co pregón escrito e compartido por alumnos de todos os centros educativos do concello.
Desde este centro educativo, queremos agradecer ao concello e ao seu departamento de cultura esta iniciativa. Para os que non o seguistes en directo anímovos a que o escoitedes en diferido; estiveron brillantes, concisos, locuaces, expresivos (aínda con máscara!), agradecidos ... e ilusionados de pertencer a esta comunidade que conforma esta comarca de Arzúa.
Grazas nenos, xóvenes, profes e familias....
ESTAMOS A QUIXEAR 2021!
Ningún comentario:
Publicar un comentario