COLEXIO PLURILINGÜE NOSA SEÑORA DO ROSARIO

"
No solamente unidos sino todos un solo
corazón y una sola alma
." (D. Baltasar Pardal Vidal)

martes, 24 de maio de 2022

10-05-2022

En la residencia de San José: Hoy hemos ido a la residencia para hacer unas preguntas sobre las plantas de como era hace unos años, nos tocó con una anciana llamada Dolores que tenía al rededor de 83 años,y estas fueron las preguntas y las respuestas: ¿Tenía animales? Sí, tenían vacas y cerdos. ¿Qué herramiensas se usaban? Lo mismo y a veces como no podian comprar las herramientas plantaban con las manos. ¿Qué era lo que mas plantaban? Lo que mas solian plantar eran cebollas, zanaorias, patatas y calaazas que era lo que mas caro estaba de aquellas. Y cuando terminamos nos fuimos.

martes, 19 de abril de 2022

19-04-22

 El proyecto a la vuelta de semana santa


En Educación Primaria se está trabajando con la bandera de Italia. Se utilizan ceras de colores para posteriormente colgar los carteles.

Los niños de 5 de Primaria están buscando las comidas típicas de Turquía y Rumanía, y también las prendas tradicionales. Unas de las comidas típicas son el Misis y las palancas. También buscan información de los monumentos más importantes de Rumania.





mércores, 30 de marzo de 2022

TVG no cole

Día coa TVG


3 anos están facendo un gazpacho

4 anos están pintando unha bandeira


 Primaria

1 está facendo macetas e pintandoas 

2 está plantando 

3 están facendo macetas 

4 están inventando xogos sobre as plantas

6 están poñendo fotos sobre a información e facendo xogos de mesa

Secundaria

1 E.S.O Están facendo carteis e acabando de facer macetas 

2 E.S.O Busca información sobre Portugal 

3 E.S.O Está facendo comida 

4 E.S.O Está plantando















martes, 22 de marzo de 2022

Reporteros del día

 3° EP

Daphne, Isaac y Jimena

A mi me gusta el proyecto por plantar, hacer semilleros,  hacer macetas y ser reportero


2° EP

Martina y Emmanuel

Nos gusta pintar las macetas, hacer etiquetas y poner decoración


5años

Bruno Valentina




































martes, 8 de marzo de 2022

Horto escolar

El día soleado de hoy favoreció el trabajo de los diferentes grupos del proyecto.


 En 3 años están plantando guisantes en envases de yogur, estos son declarados con diferentes materiales y técnicas.

En primaria están investigando sobre Portugal.

Están haciendo gráficas y carteles con información sobre el tomillo están plantando orégano mirando las características sobre el regadío tamen investigan sobre tomate cebolla 






martes, 22 de febreiro de 2022

Proxecto horto escolar

Hoxe foi un novo día de traballo no horto escolar do noso colexio.

Na clase de 1 de Primaria están estudando as comidas típicas de Portugal como o feixón, a tarta de Belén ou os boulinos de bacalao.

Na clase de 6 están investigando sobre distintas plantas como tomillo, crisantemo e cerdeira para elaborar fichas e infografías.




martes, 15 de febreiro de 2022

Proxecto horto escolar


15-02-2022




No día de hoxe os nenos e nenas do colexio Nosa Señora do Rosario de Arzúa continúan co proxecto do horto escolar

Clase de 4º de primaria estan facendo fichas, buscando información sobre os amorodos, pementos e castañas. Tamen están buscando os nomes científicos en castelán e galego. 

Clase de 2º estaban aprendendo alimentos como a francesiña, kiwi, luibi e bacallao

Clase de 5 años estaban vendo un video sobre as plantas e buscaron información sobre elas.









martes, 8 de febreiro de 2022

En infantil están viendo na pizarra dixital plantas e flores.

Primaria está estudiando a comida e os instrumentos de países. Están facendo semilleiros con vasos de yogur e entan usando pinturas, pinceles e platos de plástico... Están facendo collages de banderas.

Na E.S.O están facendo sistemas de rego, semilleiros, macetas...Folios xiratorios, buscan información sobre plato de países, visitaron a finca e traballaron sobre paises e tamén investigando comida típica






martes, 1 de febreiro de 2022

Horto escolar

 O día de hoxe continuamos co proxecto do horto escolar.

Nesta última semana todos os cursos visitaron  o horto. Hoxe foi a queda de 3º de Educación Primaria.

En 1º de Primaria están a traballar sobre as plantas de Portugal.

En 2º de Primaria aprenderon como facer semilleros con material reciclado. (Envase de iogur).

Na clase de 4° de Primaria elixiron 5 plantas ( allos, castañas, fresas, millo e pementos ) e buscaron información sobre elas para facer distintos miráis.

O alumnado de 5º de Primaria están elaborando as bandeiras dos países que traballaremos no proxecto coa técnica de collage.

En 6° de Primaria buscan información sobre as plantas divididos en grupos. Cada grupo busca plantas distintas.



martes, 25 de xaneiro de 2022

PROXECTO .... HORTO ESCOLAR


Hoxe  comenzamos un novo proxecto : consiste en facer un horto escolar no que participan todos os cursos.


Unhas clases foron ver a leira onde imos plantar; outros fixeron "choiva de ideas"; outros investigaron qué son os semilleiros... e moitas mais cousas que vos imos contar pouco a pouco.  



mércores, 27 de outubro de 2021

NOVO CURSO ESCOLAR 2021/2022

 Estamos a comezar un novo curso escolar con certas incertezas, con algunhas perdas humanas e con moita ilusión de terminalo podendo dar abrazos, sonreir sen a máscara e gozar de ser familia en calquera contorna.

Desexamos que os retos que vaia traendo o día a día desta misión educativa faga de nos mellores persoas, comprometidas co Evanxeo e coa construción dunha sociedade xusta, "coidadora" do presente e do futuro.

Agradecémosvos que podamos compartir a vida sendo verdadeiramente unha Comunidade Educativa dentro da Familia da Grande Obra de Atocha, fundada polo Venerable Baltasar  Pardal e das Fillas da Natividade de María.

Este ano facemos camiño coa figura evanxélica de Zaqueo e poñemos en valor o #encontraT

#encontraT


domingo, 23 de maio de 2021

O MES DE MAIO

Damos comenzo á última semana do mes de maio na que todos estamos afanados ó final deste curso escolar...

Queremos axudar a que este ritmo "un pouquiño atafegante" transfórmese en seguridade e esperanza a través da pregaria realizada polos alumnos/as da ESO na que mesturaron oracións antigas, conservadas pola tradición oral e escrita, con  súplicas de creación propia.

A confianza nunha nai sempre dá os seus froitos; poñamos os nosos anhelos nas mans de María, Nai de X
esús, para que Ela siga acompañando a nosa vida con tenrura e alegría.

Ave Maria!


domingo, 16 de maio de 2021

NIÑO JESÚS DE ATOCHA Y FAMILIAS.....

Los alumnos/as de 4-5-6 de EP realizaron su oración a la Virgen María, en este mes de mayo, recordando las necesidades de todas las familias de La Grande Obra de Atocha en cualquier rincón del mundo y de todos aquellos que nos quieren y que sufren cualquier tipo de enfermedad. 
La ternura y la sencillez de los niños y niñas pidiendo protección a la Madre de Jesús nos haga transformar nuestro corazón y nuestros gestos para acoger a todos en su realidad.
Os animamos 🙏🏻🙏🏻🙏🏻👇🏼👇🏼👇🏼👇🏼👇🏼



#SementaVida

venres, 7 de maio de 2021

Moitas necesidades!....


Damos as grazas aos alumnos de  Educación Infantil por compartir connosco a súa preciosa oración á Virxe María nesta primera semana de maio.
Hoxe, os alumnos de 1º, 2º, 3º de  Educación Primaria recitan a Virxe María poesías compostas por eles e lémbrannos oracións moi antigas;  tenrura e agarimo para nosa nai do ceo.
Coas súas palabras pedimos por todos os pobos, por todos os países, por todos .... ante tantas necesidades.
Rezas connosco?


sábado, 1 de maio de 2021

MES DE MAIO..... E OUTRAS “FESTAS”


Comezamos o mes de maio con moitas ganas de festa... e que menos que celebrar hoxe a San Xosé Obreiro, lembrando a toda a xente que dignifica a súa vida e a súa familia co traballo, tamén rezamos por aqueles que o perderon ou que non o atopan... Oxalá que o modelo que nos deixa a familia de  Nazaret axúdenos a atopar e vivir unha realidade máis xusta.

E, falando de Familia....., este mes de maio lembramos á Virxe María, presentámoslle os nosos desexos, oracións e agradecementos.... primeiro polas nosas “mamás”, elas merecen todos os agasallos do mundo.

Animámosvos a rezar connosco, durante esta primeira semana do mes de maio, unha breve  súplica que prepararon os nenos e nenas de  Educación Infantil para felicitar á mamá do Neno Xesús e a cada unha das nosas nais.

Cada semana iremos propoñendo unha pequena  súplica preparada con agarimo; como quería D. Baltasar recemos cun  corazón de neno alegre e confiado ante o seu pai/nai.


mércores, 31 de marzo de 2021

RECOÑECEMENTO .... e algunhas reflexións



Terminamos o mes adicado ao noso fundador D. Baltasar con moita alegría pois descubrimos cousas que non coñeciamos e tamén valoramos as actitudes e as virtudes que tiña e grazas ás cales fundou A Grande Obra de Atocha. 

O noso RECOÑECEMENTO é inmenso, tal como animábanos a profundar este mes a etapa virtual do noso Camiño de Santiago. 

Grazas a iso miramos e descubrimos a D. Baltasar "por fóra" e "por dentro" e quixemos ser parte da súa acción: co noso sorriso, con ilusión, coa nosa confianza e nosa fe, con xenerosidade, con sinxeleza e alegría; con amor e traballo...

Grazas D. Baltasar!




venres, 19 de marzo de 2021

FESTA DE SAN XOSÉ

 Hoxe celebramos a  fetividade de San Xosé.

É un dos patróns da Grande Obra de Atocha tal como era o desexo de      D. Baltasar. Por iso, hoxe, festexamos a todos os "papás", para que como San Xosé protexan e coiden das súas familias. 

Tamén felicitamos a todos os que levan o seu nome: " josés", "josefas", "finas",  "pepes", "pepitas", "xosés", "xosefas"....

Desexamos de todo corazón que esta festa sexa entrañable e familiar.

Desde a comunidade educativa do CPR Plurilingüe Nosa Señora do Rosario,  desexámosvos o mellor.



domingo, 14 de marzo de 2021

NOVO BLOGUE DE PASTORAL

 Pouquiño a pouco imos creando "nubes" con as cousiñas que facemos....

Sabedes que o noso ideario quere levara acada unha das familias o Evanxeo e as ensinanzas de Xesús.

Os nenos e nenas son os mellores transmisores desta vivenza e fe en o Señor Xesús.

Aquí tedes alguhnas "cousiñas" que imos facendo no día a día.... esperamos que vos guste.


BLOGUE DE PASTORAL NOSA SEÑORA DO DO ROSARIO



sábado, 6 de marzo de 2021

FESTA DO QUEIXO - ARZÚA

 Como todos sabemos seguimos no estado de alerta, aínda que as restricións fixéronse máis suaves.... por iso animamos a todos a seguir as medidas de coidado persoal e comunitario. 

En Arzúa estamos de festa, sí!: a FESTA DO QUEIXO! na súa 46 edición; e comezámola da mellor maneira posible: "en liña", co pregón escrito e compartido por alumnos de todos os centros educativos do concello. 

Desde este centro educativo, queremos agradecer ao concello e ao seu departamento de cultura esta iniciativa. Para os que non o seguistes en directo anímovos a que o escoitedes en diferido; estiveron brillantes,  concisos, locuaces, expresivos (aínda con máscara!), agradecidos ... e ilusionados de pertencer a esta comunidade que conforma esta comarca de Arzúa.

Grazas nenos, xóvenes, profes e familias.... 

ESTAMOS A QUIXEAR 2021!



luns, 1 de marzo de 2021

MES ADICADO A D. BALTASAR

Empeza marzo e, como todos os anos, dedicámolo a profundizar máis na figura de D. Baltasar.

O tres de marzo cúmprense 58 anos do seu falecemento, da súa entrada á VIDA ETERNA. 

Este ano de pandemia, alerta sanitaria, distanciamento social, etc, etc.... non queremos deixar pasar a ocasión para "descubrir detrás dunha máscara a D. Baltasar"

Querémolo celebrar ao grande e, nas clases -durante todo o mes- realizaremos actividades e investigacións sobre os valores que promovía D. Baltasar para as escolas da Grande Obra de Atocha por el fundadas.

Apetéceche axudarnos?

Clica a seguinte ligazón e ..... aprenderás moito!


DON BALTASAR