COLEXIO PLURILINGÜE NOSA SEÑORA DO ROSARIO
martes, 25 de xaneiro de 2022
PROXECTO .... HORTO ESCOLAR
mércores, 27 de outubro de 2021
NOVO CURSO ESCOLAR 2021/2022
Estamos a comezar un novo curso escolar con certas incertezas, con algunhas perdas humanas e con moita ilusión de terminalo podendo dar abrazos, sonreir sen a máscara e gozar de ser familia en calquera contorna.
Desexamos que os retos que vaia traendo o día a día desta misión educativa faga de nos mellores persoas, comprometidas co Evanxeo e coa construción dunha sociedade xusta, "coidadora" do presente e do futuro.
Agradecémosvos que podamos compartir a vida sendo verdadeiramente unha Comunidade Educativa dentro da Familia da Grande Obra de Atocha, fundada polo Venerable Baltasar Pardal e das Fillas da Natividade de María.
Este ano facemos camiño coa figura evanxélica de Zaqueo e poñemos en valor o #encontraT
| #encontraT |
domingo, 23 de maio de 2021
O MES DE MAIO
Damos comenzo á última semana do mes de maio na que todos estamos afanados ó final deste curso escolar...
Queremos axudar a que este ritmo "un pouquiño atafegante" transfórmese en seguridade e esperanza a través da pregaria realizada polos alumnos/as da ESO na que mesturaron oracións antigas, conservadas pola tradición oral e escrita, con súplicas de creación propia.
A confianza nunha nai sempre dá os seus froitos; poñamos os nosos anhelos nas mans de María, Nai de X
esús, para que Ela siga acompañando a nosa vida con tenrura e alegría.
Ave Maria!
domingo, 16 de maio de 2021
NIÑO JESÚS DE ATOCHA Y FAMILIAS.....
venres, 7 de maio de 2021
Moitas necesidades!....
Damos as grazas aos alumnos de Educación Infantil por compartir connosco a súa preciosa oración á Virxe María nesta primera semana de maio.
Hoxe, os alumnos de 1º, 2º, 3º de Educación Primaria recitan a Virxe María poesías compostas por eles e lémbrannos oracións moi antigas; tenrura e agarimo para nosa nai do ceo.
Coas súas palabras pedimos por todos os pobos, por todos os países, por todos .... ante tantas necesidades.
Rezas connosco?
sábado, 1 de maio de 2021
MES DE MAIO..... E OUTRAS “FESTAS”
Comezamos o mes de maio con moitas ganas de festa... e que menos que celebrar hoxe a San Xosé Obreiro, lembrando a toda a xente que dignifica a súa vida e a súa familia co traballo, tamén rezamos por aqueles que o perderon ou que non o atopan... Oxalá que o modelo que nos deixa a familia de Nazaret axúdenos a atopar e vivir unha realidade máis xusta.
E, falando de Familia....., este mes de maio lembramos á Virxe María, presentámoslle os nosos desexos, oracións e agradecementos.... primeiro polas nosas “mamás”, elas merecen todos os agasallos do mundo.
Animámosvos a rezar connosco, durante esta primeira semana do mes de maio, unha breve súplica que prepararon os nenos e nenas de Educación Infantil para felicitar á mamá do Neno Xesús e a cada unha das nosas nais.
Cada semana iremos propoñendo unha pequena súplica preparada con agarimo; como quería D. Baltasar recemos cun corazón de neno alegre e confiado ante o seu pai/nai.
mércores, 31 de marzo de 2021
RECOÑECEMENTO .... e algunhas reflexións
Terminamos o mes adicado ao noso fundador D. Baltasar con moita alegría pois descubrimos cousas que non coñeciamos e tamén valoramos as actitudes e as virtudes que tiña e grazas ás cales fundou A Grande Obra de Atocha.
O noso RECOÑECEMENTO é inmenso, tal como animábanos a profundar este mes a etapa virtual do noso Camiño de Santiago.
Grazas a iso miramos e descubrimos a D. Baltasar "por fóra" e "por dentro" e quixemos ser parte da súa acción: co noso sorriso, con ilusión, coa nosa confianza e nosa fe, con xenerosidade, con sinxeleza e alegría; con amor e traballo...
Grazas D. Baltasar!


