Hoxe a festa de fin de curso concluiría segundo as previsións que fixemos ao comezo do curso ... pero non foi así.
Eu diría que a nosa particular festa de fin de curso foi unha maravillosa actuación de cada un de vos (pais e nais), de cada rapaz e rapaza, de cada familia en xeral... pois entre todos puxemos o corazón, a humildade, o sorriso, o traballo, a fe, o afecto, o rostro a este curso atípico.
Seguro que estamos a ver coa imaxinación moitos xestos cariñosos e cheos de tenrura; moitas risas; moitos aplausos polo traballo feito... seguide a mirar: o esencial vese cos ollos do corazón do neno que somos ... sacando de todas as situacións o maior ben que nos fai vivir con grandeza.
Agardo por ti,por cada un de vos o ano que vén.
Feliz verán!
Ningún comentario:
Publicar un comentario