Como onte non puiden realizar a reflexión diaria deste tempo de pandemia hoxe quero deixar un 2x1, coma se de rebaixas tratásese: leo unha reflexión e aliméntome de dúas ideas.
Chega o final de curso, a festa, o sorriso, os bos desexos, as probas, as avaliacións, e en mente os plans para o verán. Todo isto envolto na incerteza e no medo do momento, e tamén, coa ilusión de salvar esta situación e chegar a unha mellor.
É tempo de facer memoria do vivido, dos novos coñecementos adquiridos, das capacidades descubertas, dos vínculos creados e, sobre todo, do coidado e o valor do que descubrín que é importante na miña vida; asi como perdoar e pedir perdón por aquilo que vive no noso corazón e fainos dano e non nos deixa crecer como persoas e mingua a nosa humanidade
A oración axuda sempre, coma dicía Santa Teresa: orar é “tratar de amizade” estando moitas veces a soas con quen sei ámanos. Durante este tempo coidamos e alimentamos o desexo de atoparnos co Señor, nos nosos fogares, persoalmente, en familia… Cultivamos o trato de amizade e convidámosvos a seguir coidando esta relación no final de curso e ao longo do verán.
Sigamos buscando espazos de amizade, desde o que somos, escoitando aquilo que máis necesitamos e deixándonos acompañar por Xesús de Nazareth co corazón agradecido, tal como fan os nenos e nenas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario