Nos sentimos poetas... e regalamos os nosos versos, cunha flor, a unha persoa querida do colexio. Feitos en todos os idiomas que aprendemos: castelá,galego, inglés e francés.
E na Capela do colexio, fixemos poesías para recordar a o noso fundador, Baltasar Pardal.
COLEXIO PLURILINGÜE NOSA SEÑORA DO ROSARIO
"
No solamente unidos sino todos un solo
corazón y una sola alma
." (D. Baltasar Pardal Vidal)
xoves, 29 de marzo de 2018
PREMIOS FUNDACIÓN DWON GALICIA 2018
Colexio “Nosa Señora do Rosario” de Arzúa
A implicación do equipo de mestres e a súa evolución cara a un traballo inclusivo dentro da aula, desde que fai sete anos entrou un alumno con Síndrome de Down, provocou unha clara evolución nas estratexias didácticas e na metodoloxía de traballo empregada no colexio “Nosa Señora do Rosario” de Arzúa, o colexio Atocha. Facendo un gran esforzo para adaptarse ao cambio, ás necesidades do grupo e as demandas especificadas de cada un dos alumnos, con e sen discapacidade, o colexio é un exemplo de boas prácticas e na aplicación da metodoloxía da aprendizaxe cooperativa. Demostrando así que a inclusión real dentro da aula dun alumno con Síndrome de Down é posible. Porque neste centro o prioritario é xerar o benestar dos escolares, a normalidade e facer que na escola haxa un clima agradable onde compartir, descubrir e aprender sexa posible para todo o alumnado. Unha clara aposta pola inclusión real polo que é merecedor do Premio Down Compostela.
(palabras da Fundación Dwon Galicia)
(palabras da Fundación Dwon Galicia)
SALUDarte
Ao longo de 2º trimestre, todos os luns pola tarde, o alumnado de 1º e 2º de EP , levamos a cabo un proxecto de saúde que leva por título" SALUDarte".
Elaboramos unha mascota (un racimo de uvas) co nome do proxecto (SALUDarte) e os nosos disfraces de entroido que tamén eran racimos de uvas.
Dividimos o proxecto en tres bloques:
1.- Hixiene persoal e hábitos saudables
2.- Exercicio físico
3.- Alimentación .
Para cada bloque, contamos coa vista dun especialista: doutor, dentista e nutricionista.
CAMIÑO DE SANTIAGO
Os alumnos de terceiro de ESO de todos os colexios de La Grande Obra de Atocha realizaron o Camiño de Santiago (Inglés) desde o 21 ao 25 de marzo de 2018. É unha experiencia magnífica de convivencia, coñecemento propio, respecto, silencio, oración e encontro con Deus.
PIRATAS E ABELLAS
Os alumnos de E. Infantil realizaron no segundo trimestre dous proxectos super chulos e interesantes: OS PIRATAS e AS ABELLAS
Surcaron os mares cantando como grumetes e timonando grandes barcos buscando tesouros en illas remotas. Celebraron a chegada da primavera con mostra amigas as abellas: foron á súa casa no Enredo do Abelleiro en Dombodan, coa cera fixeron velas e tomaron un rechupete de mel. Foi un trimestre xenial!
Surcaron os mares cantando como grumetes e timonando grandes barcos buscando tesouros en illas remotas. Celebraron a chegada da primavera con mostra amigas as abellas: foron á súa casa no Enredo do Abelleiro en Dombodan, coa cera fixeron velas e tomaron un rechupete de mel. Foi un trimestre xenial!
mércores, 8 de febreiro de 2017
OS CASTELOS
Os alumnos de infantil traballarán este mes no proxecto de "os castelos": serán os príncipes, princesas, cabaleiros, damas, artesáns... e moito máis...
martes, 7 de febreiro de 2017
ADMISIÓN DE ALUMNADO 2017/2018
ADMISIÓN DE ALUMNADO 2017/2018
Este curso, e de acordo coa Orde do 25 de xaneiro de 2017 publicada no Diario Oficial de Galicia do día 1 de febreiro, as familias poderán realizar a solicitude de admisión a través de internet, se así o desexan, ou facelo de forma presencial no centro.
Se optan pola presentación online, deberán utlizar a aplicación que a Consellería de Educación creou e poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cubrir a solicitude, co DNI do proxenitor que o asina.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

