COLEXIO PLURILINGÜE NOSA SEÑORA DO ROSARIO

"
No solamente unidos sino todos un solo
corazón y una sola alma
." (D. Baltasar Pardal Vidal)

xoves, 29 de marzo de 2018

PREMIOS FUNDACIÓN DWON GALICIA 2018

Colexio “Nosa Señora do Rosario” de Arzúa A implicación do equipo de mestres e a súa evolución cara a un traballo inclusivo dentro da aula, desde que fai sete anos entrou un alumno con Síndrome de Down, provocou unha clara evolución nas estratexias didácticas e na metodoloxía de traballo empregada no colexio “Nosa Señora do Rosario” de Arzúa, o colexio Atocha. Facendo un gran esforzo para adaptarse ao cambio, ás necesidades do grupo e as demandas especificadas de cada un dos alumnos, con e sen discapacidade, o colexio é un exemplo de boas prácticas e na aplicación da metodoloxía da aprendizaxe cooperativa. Demostrando así que a inclusión real dentro da aula dun alumno con Síndrome de Down é posible. Porque neste centro o prioritario é xerar o benestar dos escolares, a normalidade e facer que na escola haxa un clima agradable onde compartir, descubrir e aprender sexa posible para todo o alumnado. Unha clara aposta pola inclusión real polo que é merecedor do Premio Down Compostela.
(palabras da Fundación Dwon Galicia)





Ningún comentario:

Publicar un comentario