COLEXIO PLURILINGÜE NOSA SEÑORA DO ROSARIO

"
No solamente unidos sino todos un solo
corazón y una sola alma
." (D. Baltasar Pardal Vidal)

mércores, 2 de decembro de 2015

AS 3 RRR


                O proxecto RECICLAMOS PARA VIVIR MELLOR, integrado no PLANPROXECTA parte da necesidade educativa dos profesores, nenos, pais e persoal non docente do Colexio Nosa Señora do Rosario – Hijas de la Natividad de María, sito en a Rúa do Carmen,22 da localidade de Arzúa (A Coruña).

               Os rapaces, dende que nacen, forman parte do ambiente social e natural propio e dende as experiencias van adquirindo o coñecemento real. Alguns rapaces coñecen a laboura dos camións de lixo e as persoas que traballan nel. Así mesmo observan que, moitas veces, o lixo queda tirado no chan ou mezclamos o papel coa basura orgánica na nosa casa e no colexio e na rúa, por exemplo.
Creemos na necesidade de tomar conciencia das ventaxas que ten o Reducir, a Reutilización, e o Reciclaxe (as tres R R R) de moitos lixos coma os papeis, as bolsas, o aluminio, as latas, os envases, o vidrio, etc. 

              Todo isto implica ás familias nas actividades propias das tres R R R na súas casas así como no ámbito natural e o propio das zonas comúns da Localidade e do Concello: prazas, rúas, colexios, piscina, polideportivos, e calquera outro.
       
                Agradecemos o Concello de Arzúa a súa axuda para levar a cabo este proxecto e a concesión dunha subvención parao mesmo.

               Entre todos temos que preservar e coidar os nosos recursos naturais como unha necesidade de mellorar a nosa vida e a do planeta no que habitamos.

               O valor fundametal deste traballo é a observación e a provocación ós outros  para evitar a contaminación como solidadridade entre nós.
SON SOLIDARIO SI APRENDO AS TRES R R R







Ningún comentario:

Publicar un comentario