COLEXIO PLURILINGÜE NOSA SEÑORA DO ROSARIO

"
No solamente unidos sino todos un solo
corazón y una sola alma
." (D. Baltasar Pardal Vidal)

xoves, 30 de abril de 2020

HIXIENE MENTAL

Coñezo a Roberto Aguado (Psicólogo Especialista en Psicólogia Clínica. Presidente Instituto Europeo de Psicoterapia de Tempo Limitado) de diversos cursos formacións para profesorado.
Hoxe quérovos "regalar" este vídeo de 1minuto sobre Hixiene Mental. Acabando o mes de abril e mirando o que vivimos, o que sentimo, o que traballamos, querido... perdido. Espero que sexa unha boa reflexión para terminar este mes e cargar pilas para comezar o reto do mes que chega e de cada día.

mércores, 29 de abril de 2020

DESEXOS E DESESCALADA

Agora que xa falamos de  "desescalada" parece que toda esta situación xa chegou ao seu fin (OXALÁ!); necesitamos prudencia, información , confianza... quizá moitos queremos seguridades e, posiblemente, buscándoas podámonos enganarnos sobre a vida que levamos e queremos conseguir e sobre quen estamos a ser. 
Onte vin esta foto e gustoume (non coñezo a fonte): seguro que se a miramos con atención sentímonos identificados con moitas das palabras escritas nos círculos e que están nas diferentes zonas; grazas a Deus, non somos planos e o noso estado de aprendizaxe, emocional, físico, espiritual...  cambia e vai crecendo nos avatares de cada día. Oxalá pasemos da zona escura á de maior claridade, do círculo máis pequeno ao de maior influencia, de abaixo cara arriba... o meu desexo para hoxe é que a nosa fortaleza estea na fe que sabemos non nos quita dos problemas, nin das situacións dolorosas, nin das incertezas; pero si axúdanos a contemplar a verdade, a actuar con transparencia, a vivir con plena confianza e a conseguir paz.
Bo día!

martes, 28 de abril de 2020

O ABECEDARIO DA ESPERANZA

A primeira vez que chegamos ó colexio, con tres anos, todo parece moi bonito: os xoguetes, as alfombras, os libros... aos poucos nos  socializamos e imos conseguindo as nosas primeiras aprendizaxes... as letras!
Aquí deixámosvos a nosa maneira de explicar un novo abecedario ... queredes aprender connosco? 



luns, 27 de abril de 2020

SENTIDIÑO!

Onte empezaron os paseos dos nenos cos seus pais/nais. Quizá o que hoxe vos conte xa o vístedes repetido nas noticias e nas redes sociais pero creo que, aínda que se repita, vainos a vida nesto.
Sentidiño, foi a palabra elixida polos galegos como palabra do ano; agora toca poñela en práctica...  tede  sentidiño! para...

  • saír unha hora
  • saír cun só proxenitor
  • saír unha vez ao  dia
  • non distanciarse máis de 1km da casa
  • estar a unha distancia de seguridade de 5 ou 6 pasos (2 metros)
  • non compartir xoguetes nin tocar mobiliario urbano
  • lavarse ben as mans ao chegar a casa

Nenos!, Nenas!, disfrutade estes días das saídas, dos xogos e da natureza. Lembrádenos aos adultos as normas por se as esquecemos... e que non falten os sorrisos.

domingo, 26 de abril de 2020

O CAMIÑO

O comezo de cada curso escolar os alumnos de todos os Colexios da Grande Obra de  Atocha en  España facemos o Camiño de  Santiago. 
Quero traer unha copia da reflexión ao iniciar este CAMIÑO pois a liturxia dominical de hoxe, fálanos do CAMIÑO A  EMAÚS, no que dous discípulos camiñan tristes e abatidos pola morte de Cristo sucedida días atrás; Jesús Resucitado úneselles  coma un peregrino máis e empeza a dialogar con eles... aos poucos descobren quen é o seu "compañeiro" e regresan a Xerusalén a ser testemuñas do Deus Resucitado. Así todos os que temos a experiencia de ser peregrinos sabemos que o Camiño pasa por nós e transfórmanos en testemuñas dunha vida nova e resucitada polo don da fe.              Que  disfrutedes deste domingo pascual e non  deixedes de ser peregrinos aínda  quedando na casa.
                                  
 "Na vida hai oportunidades. Ás veces fórzanse, búscanse intencionadamente. Outras veces chegan de forma inesperada. Oportunidades nas relacións, nos estudos, nas experiencias que un ten. A mesma palabra evoca posibilidades. Suxire que algo se pode chegar a conseguir, e tamén indica que ese algo é desexable. O camiño que comezas é unha oportunidade. Oportunidade de convivir, quizais, con persoas que nin che imaxinas. Oportunidade de coñecerte un pouco máis, de pensar na túa vida, valorar o que tes e, se é necesario,  reencauzar o que falta ou o que está descentrado. O camiño adoita ser a ocasión de vivir uns días deses que deixan pegada. Tamén a ti pódeche pasar. Para iso, o importante é deixar que se remova todo. O Camiño é tempo de preguntas. Tanto como de respostas. Facerche algunhas preguntas non garante que vaias atopar luz sobre elas. É máis, quizais atopes resposta a interrogantes non formulados, e aquilo que ías buscando permaneza sen resolver, Pero con todo, é é importante nalgunhas ocasións, como agora, facerche algunhas preguntas sobre a túa propia vida, sobre as túas xentes, sobre onde vas e a que."(... do Camiño)


sábado, 25 de abril de 2020

PARABÉNS!

FELIZ SÁBADO!
É un día dedicado na tradición católica a María, nai de Deus; por iso quero deixarvos a imaxe da nosa Virxe do Rosario para que hoxe  nos protexa e anime... segundo o lema que traballamos este ano, o  recordades? E ti, que  fas?

Tamén felicitamos a todos os "marcos" que hoxe celebran o seu santo... amigos, papás, alumnos... que  pasedes un bo día!

venres, 24 de abril de 2020

OVOS DE PASCUA!

Vin no facebook dunha familia do cole un gran ovo de chocolate e acordeime que...
fai uns días celebramos o domingo de Pascua. Ante esta gran festa propáganse polo mundo diferentes tradicións que o lembran: unha delas é regalar roscas de pascua de madriñas aos seus afillados; outra delas é o agasallo de ovos de chocolate, ou a procura de ovos de pascua. Se queredes podedes debuxar e esconder "ovos de pascua"  con palabras bonitas e premios de agarimo e sorrisos, dentro da casa e xogar a buscalo. A PASCUA dura 50 días... aínda podes conseguir o teu "agasallo  pascual" ... na casa!