COLEXIO PLURILINGÜE NOSA SEÑORA DO ROSARIO

"
No solamente unidos sino todos un solo
corazón y una sola alma
." (D. Baltasar Pardal Vidal)

luns, 25 de maio de 2020

VOLVER ÁS AULAS CON MOITA ESPERANZA

Comezamos a última semana do mes de maio deste ano 2020 que quedará no recordo de moitos con multitude de sensacións diferentes.
Para os docentes e para as familias con nenos en idade escolar, estamos na recta final do curso; hoxe volveron ás aulas os alumnos de 2  BAC e dos últimos cursos da FP. Os seus rostros nas noticias eran un poema onde os xestos falaban por si sós de alegría, ánimo, encontro, confianza, seguridade, traballo, estudo, responsabilidade...
Oxalá que, añadida a todas as palabras, siga abundando a de "ESPERANZA" e sexamos fiables nas normas sanitarias que nos aconsellan e, nalgúns casos, obrígannos.
Queres poñer "ESPERANZA" no que  fas? Eu estou contigo.

domingo, 24 de maio de 2020

ASCENSIÓN E MARÍA AUXILIADORA

Este domingo celebramos a festa da Ascensión no que a igrexa tamén conmemora o día dos Medios de Comunicación Social; nosos parabéns a todos os xornalistas e a todos aqueles que se dedican a comunicar boas noticias. Déixovos un debuxo de Fano, como sempre, moi  catequético.



Engado unha foto da Virxe na súa advocación de  Auxiliadora, festa para toda a familia salesiana.
Que saibamos pedir á nosa NAI MARÍA a axuda que  precisaemos, pois ela, sempre estará ao noso lado co seu auxilio maternal.

Bo domingo!

sábado, 23 de maio de 2020

MARAVILLOSO AGASALLO

Neste estado de confinamento e alarma sanitaria suceden no día a día moitas cousas que agora vivimos con máis intensidade que en tempos anteriores: uns aniversarios, unha enfermidade, o nacemento dun bebé, a mesma morte. 
Hoxe o agarimo e o corazón está con todas as familias que están de celebración alegre e festiva; o motivo case dá igual, pois o estar xuntos, compartir un sorriso, comer, xorar, rir, sorprender (se) e amar xa é máis que suficiente para gritar "moitas felicidades"
Que este día sexa un marabilloso agasallo para gozar e compartir.


venres, 22 de maio de 2020

OPTIMISTAS? PESIMISTAS?

Somos pesimistas? Somos optimistas?

Os pesimistas teñen a visión negativa de todo o que lles pasa, ou de todo o que ocorre o seu lado. 

Na mesma realidade existen as dúas caras: unha pesimista e outra optimista e sen caer nos extremos de velo todo branco ou todo negro... a gama de grises tamén existe e con eles imos facendo realidade a nosa visión de vida.
Hai uns días atopeime con esta fotografía que fala realmente do noso optimismo ou pesimismo... sobes? ou baixas?
Tengámoslo  presente para cambiar o paso cando nos atopemos máis negativos ante as situacións do día a día e subir cara a lugares que nos transformen en homes e mulleres máis libres, máis optimistas, máis alegres, máis humanos, máis crentes, máis....

xoves, 21 de maio de 2020

OBRIGATORIO?


Responsables por obrigación? Este binomio non dá moito resultado: ninguén é responsable porque o obriguen, creo eu . 
Hoxe é obrigatorio o uso de máscaras se non se logra manter a distancia de seguridade e nos espazos pechados.
Esta obrigación debería transformarse en uso responsable mediante unha educación adecuada, mediante hábitos e feitos aprendidos en familia, nos medios e mesmo na sociedade en xeral. 
Que só se usen por "medo" á multa que nos vaian a poñer fai desta medida unha cuestión autoritaria, sen sentido para moitos, exclusivamente normativa e, por iso, vulnerable. 
Creo que todas as familias, todas as empresas, e calquera estamento público e privado fai desta "obrigatoriedade" unha cuestión de hixiene, de responsabilidade e coidado mutuo; convídanos a unha información veraz e unha educación adecuada e real ante as circunstancias que temos que afrontar e vivir.
Moi bo día!

mércores, 20 de maio de 2020

DÍA DAS ABELLAS!

Para crear conciencia sobre a importancia dos  polinizadores, as ameazas ás que se enfrontan e a súa contribución ao desenvolvemento sostible, as Nacións Unidas declararon o 20 de maio como Día Mundial das Abellas. (pincha aquí para coñecer mais)
No colexio, hai uns anos, os nenos de E. Infantil e de E. Primaria estiveron a investigar sobre estes seres vivos e con eles aprendemos todos.
Tamén visitamos  "O Enredo do Abelleiro", aquí temos o enlace dalgunhas fotos e traxes especiais!

Coidemos o noso! e todos sairemos gañando!

martes, 19 de maio de 2020

A DISTANCIA DE SEGURIDADE E O PASO DO TEMPO

Hai momentos nos que a "nova normalidade" dan para pensar e reflexionar. 
Agora temos que facer colas para todo, cando non pedir cita: no banco, supermercados, correos, farmacia... Tes catro ou cinco persoas diante, gardando a distancia de seguridade, sen présas, sen malas caras, sen mirar o reloxo. Parece que o tempo pasa máis amodo ou que nós cambiamos "as présas" e "o inmediato" pola paciencia e por valorar e gozar de cada instante. 
Este tempo de pandemia fainos cambiar os hábitos, os horarios, a maneira de relacionarnos... 
Está a facernos máis humanos?, máis responsables?, máis comprensivos? , máis  transcendentes? ...
Un bo día para todos.