COLEXIO PLURILINGÜE NOSA SEÑORA DO ROSARIO

"
No solamente unidos sino todos un solo
corazón y una sola alma
." (D. Baltasar Pardal Vidal)

luns, 18 de maio de 2020

O SOÑO

Hai uns días presentábavos un vídeo de Roberto Aguado sobre "hixiene mental"; hoxe quérovos animar a ver un sobre "o soño".
Sempre é importante o horario a seguir e a súa rutina: para o crecemento, para a orde, para a  madured, para a serenidade....; máis importante se cabe, nestes momentos de tanta incerteza.
Teñamos coidado co noso descanso, coas horas dedicadas ao soño, para nós e para os que temos ao noso coidado.


domingo, 17 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

Hoxe conmemoramos o  dia das LETRAS GALEGAS, desde as nosas casas e cun bonito día que nos ofrece este domingo; algún aproveitará para o seu paseo, outros para asistir á eucaristía ben presencial ben polas redes, outros par xuntarse cos seus familiares....

Seguro que xa todos investigamos sobre a figura de  Carballo (Carvalho)  Calero e coñecemos parte da súa vida, as súas andanzas e a súa obra literaria; eu só quero destacar da súa figura "o ser mestre" e recoñecer agradecida o labor de tantos mestres e profesores en favor da educación hoxe en día e dos que nos precederon.

Feliz domingo! Bo día das LETRAS GALEGAS!



sábado, 16 de maio de 2020

DÍA DO NENO DE UVAS Y ESPIGAS

Hoxe é o día do Neno, do Neno de Uvas e  Espigas que ideou D. Baltasar para A Grande Obra de Atocha.
Xeracións e xeracións cantamos ante a súa imaxe ou mirando ao cadro que teñen as capelas dos colexios: "Divino Niño de Atocha, cazador de corazones..... Oh Corazón de mi Jesús, haz que haga siempre lo que mandas tú".
Hoxe, nos seu 105 aniversario,  unámonos á familia da Grande Obra de Atocha e das Fillas da Natividade de María para agradecer esta iniciativa que tivo D. Baltasar e sexamos quen de propagala polo mundo enteiro.

Felicidades!

venres, 15 de maio de 2020

DÍA DA FAMILIA

Hoxe celébrase o día internacional da familia.
Desde hai uns anos, no colegio, estamos a celebrar esta festa en agradecemento a todas as familias que compoñen a nosa comunidade educativa. Por iso queremos decirvos con todo agarimo FELICIDADES!
Como familia que somos da Grande Obra de Atocha queremos facer extensivo este recordo cariñoso a cada Filla da Natividade de Maria en España e América, a todos os profesores, mestras e voluntarios/ as nos nosos centros educativos; a todos os amigos, sacerdotes, antigos/ as alumnos/ as, familias... que levades este amor de Xesús Eucaristía, do Neno Xesús de Atocha a calquera recuncho do mundo. 
Na véspera da súa “festa de aniversario” deixámosvos esta entrañable mensaxe  neste vídeo desde Valdepeñas (Ciudad Real)
Niño de Uva y Espigas - Año Centenario 2015

xoves, 14 de maio de 2020

IGUALES / DESIGUAIS?

Nestes días estamos a darnos conta, máis se cabe, das diferenzas que temos uns e outros: estilo de vestir, necesidades profundas, comidas, series de  tv, noticias, pensamentos, xentes....; agora son máis palpables porque o tempo que pasamos xuntos fai que a visión e a reflexión non estea marcada por "as presas" aínda que si pola  incerteza da situación.
De todo habemos de sacar a cara positiva e a aprendizaxe diso. Convídovos a ver este vídeo de Roberto Augado que el titula "Para igualar, se desigual"
Espero que vos guste e que o poñamos en práctica.

mércores, 13 de maio de 2020

VIRXE DE FÁTIMA

Estes días parece que esta pequena reflexión, que quere ser diaria, é máis nocturna que diúrna; confío que o momento non quite profundidade e o acougo que desexo transmitir.
Hoxe celebramos a Virxe de Fátima e, para os que estivemos nese santuario sabemos a devoción que alí se respira e que se quere transmitir en todo o mundo. 
Oxalá o amor á Virxe María, os ensinos que lles transmitiu aos  pastorcillos sexan "a pandemia" que contaxie ao mundo enteiro para volver ás raíces do evanxeo e vivir con sinxeleza de nenos a fe que Deus regálanos.
Terminemos este día coa oración do AVE MARÍA. Amén

martes, 12 de maio de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA ENFERMERÍA

Todas as profesións son únicas e especiais para aqueles que as viven con dedicación; hoxe lembramos e agradecemos a todas as enfermeiras(os) o seu traballo, a súa proximidade a enfermos e familiares, a súa tenrura en cada palabra e cada xesto cos pacientes.

Desde 1974, celébrase o 12 de maio como Día Internacional da Enfermeira, lembrando a data de nacemento de Florence  Nightingale. Ela organizou a 38 mulleres nun servizo de enfermería eficaz para atender aos soldados na Guerra de Crimea en 1854, o que se considera o nacemento da enfermería moderna.

Parabén ás familias que  tedes entre os vosos, unha/un enfermeira/o.