COLEXIO PLURILINGÜE NOSA SEÑORA DO ROSARIO

"
No solamente unidos sino todos un solo
corazón y una sola alma
." (D. Baltasar Pardal Vidal)

domingo, 3 de maio de 2020

"MAMÁS"!

Hoxe é o día no que celebramos en España o día dedicado ás nais.

Quero lembrar á miña, á túa á de todos e poder compartir estas flores como o gran amor e agarimo que temos cara a elas.

Pidamos á Virxe María axude a cada unha das nais do mundo para coidar con tenrura da súa familia, e, ás que xa non se atopan entre nós que as leve ao ceo  asidas ao seu manto.
Grazas mamá! Felicidades "mamás"!


sábado, 2 de maio de 2020

VÉSPERAS DE FESTA!

Está a terminar o día e non quixe deixar de publicar neste blogue a entrada nº 40 de estas pequenas reflexións que tentan mellorar o ánimo do día a día.
Mañá é un gran día e por iso, este serán celebramos unhas VÉSPERAS cheas de alegría.
Que non  sabedes que celebramos mañá?

  • o  dia da nai (en España) por ser o primeiro domingo de maio
  • o cuarto domingo de pascua (xornada mundial das vocacións)

así que a nosa  felicitacion a todas as mamás 
e a nosa pregaria por todos as persoas que consagran a súa vida a Deus e nel á humanidade.  

Boa noite!

venres, 1 de maio de 2020

SAN XOSÉ OBREIRO - DÍA DO TRABALLO


Hoxe conmemórase o Día do Traballo porque a festa que celebramos é de SAN XOSÉ OBREIRO.
Seguro, que a día de hoxe, TODOS os que formamos un núcleo familiar nesta circunstancia de alarma sanitaria, somos auténticos traballadores, realizando as nosas tarefas con responsabilidade,  entusiamo, e co sentir de axuda mutua; 
  • ben sexa porque saímos a traballar ao  super, á horta, a correos, ao hospital, á limpeza, a....; 
  • ben sexa porque quedamos na casa e estamos a facer teletraballo, limpamos a casa ou xogamos cos fillos; 
  • ben porque como neno/a preparades as tarefas, conectades cos compañeiros do cole, axudades a ordenar, cociñar, xogar.... sobre todo animades cos abrazos e bicos.
Papás, Mamás, Nenos, Nenas, Avós, Avoas, Adolescentes, .... para vós o aplauso por vivir cada minuto do día como traballo responsable e  santificador, ao estilo de San José, preocupado pola súa familia, polos seus. Ánimo.
Don Baltasar, en todas as casas e colexios que ía fundando, poñía a San José como patrón protector e gardián das devanditas casas; pidamos hoxe que el nos protexa como o fixo coa súa familia de  Nazareth e nós saibamos coidar e amar á nosa. Amén


xoves, 30 de abril de 2020

HIXIENE MENTAL

Coñezo a Roberto Aguado (Psicólogo Especialista en Psicólogia Clínica. Presidente Instituto Europeo de Psicoterapia de Tempo Limitado) de diversos cursos formacións para profesorado.
Hoxe quérovos "regalar" este vídeo de 1minuto sobre Hixiene Mental. Acabando o mes de abril e mirando o que vivimos, o que sentimo, o que traballamos, querido... perdido. Espero que sexa unha boa reflexión para terminar este mes e cargar pilas para comezar o reto do mes que chega e de cada día.

mércores, 29 de abril de 2020

DESEXOS E DESESCALADA

Agora que xa falamos de  "desescalada" parece que toda esta situación xa chegou ao seu fin (OXALÁ!); necesitamos prudencia, información , confianza... quizá moitos queremos seguridades e, posiblemente, buscándoas podámonos enganarnos sobre a vida que levamos e queremos conseguir e sobre quen estamos a ser. 
Onte vin esta foto e gustoume (non coñezo a fonte): seguro que se a miramos con atención sentímonos identificados con moitas das palabras escritas nos círculos e que están nas diferentes zonas; grazas a Deus, non somos planos e o noso estado de aprendizaxe, emocional, físico, espiritual...  cambia e vai crecendo nos avatares de cada día. Oxalá pasemos da zona escura á de maior claridade, do círculo máis pequeno ao de maior influencia, de abaixo cara arriba... o meu desexo para hoxe é que a nosa fortaleza estea na fe que sabemos non nos quita dos problemas, nin das situacións dolorosas, nin das incertezas; pero si axúdanos a contemplar a verdade, a actuar con transparencia, a vivir con plena confianza e a conseguir paz.
Bo día!

martes, 28 de abril de 2020

O ABECEDARIO DA ESPERANZA

A primeira vez que chegamos ó colexio, con tres anos, todo parece moi bonito: os xoguetes, as alfombras, os libros... aos poucos nos  socializamos e imos conseguindo as nosas primeiras aprendizaxes... as letras!
Aquí deixámosvos a nosa maneira de explicar un novo abecedario ... queredes aprender connosco? 



luns, 27 de abril de 2020

SENTIDIÑO!

Onte empezaron os paseos dos nenos cos seus pais/nais. Quizá o que hoxe vos conte xa o vístedes repetido nas noticias e nas redes sociais pero creo que, aínda que se repita, vainos a vida nesto.
Sentidiño, foi a palabra elixida polos galegos como palabra do ano; agora toca poñela en práctica...  tede  sentidiño! para...

  • saír unha hora
  • saír cun só proxenitor
  • saír unha vez ao  dia
  • non distanciarse máis de 1km da casa
  • estar a unha distancia de seguridade de 5 ou 6 pasos (2 metros)
  • non compartir xoguetes nin tocar mobiliario urbano
  • lavarse ben as mans ao chegar a casa

Nenos!, Nenas!, disfrutade estes días das saídas, dos xogos e da natureza. Lembrádenos aos adultos as normas por se as esquecemos... e que non falten os sorrisos.