Facía tempo que non usaba o blogue como medio de comunicación; parece que este é tempo de facelo e suxerir e provocar cada NOVO DÍA un sorriso, un desexo, unha oración, unha ilusión...; tal como reza o lema deste ano # ETiQueFas?
Vou inserir pequenas reflexións co ánimo de que nos axuden a todos a afrontar esta realidade con esperanza e confianza.
Ánimo para todos e cada un/a: os nenos, as nenas, as mamis, os papis, avós e avoas, e amigos/ as de toda a familia da Grande Obra de Atocha-CPR Plurilingüe Nosa Señora do Rosario.