PÁXINAS AMIGAS

xoves, 28 de abril de 2016

FACENDO RECICLAXE NA AULA, NA FAMILIA, NO ENTORNO

Poñemos no voso coñecemento que Sogama, co apoio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, vén de lanzar o sitio web www.compostaconsogama.gal,  co que pretende proporcionar aos cidadáns toda a información relativa ao proceso de autocompostaxe e os seus beneficios ambientais, económicos e sociais.

Tamén podedes premer nen CADERNO VERDE para identificar as boas prácticas vinculadas ao consumo responsable de cara a producir menos lixo.  Praza de Abastos, feira, produtos a granel, artigos locais e de tempada, etc, son conceptos a traballar neste eido.

Tamén o "boca a boca" funciona; nós estivemos na feria de Arzúa ensinando e aconseñando á xente o noso deber de reciclar, rehusar e reutilizar... os deixamos estas fotos.



GRAZAS

Agardamos que sexa do voso interese e de utilidade .

martes, 26 de abril de 2016

RECICLAMOS TODOS

Os alumnos de 5º de primaria estiveron na feira do 22 para concienciar á xente da importancia de reciclar o noso lixo e deshechos... 
Ensináronlles a separar nos diversos colectores os residuos que xeramos ao longo do día. 
Grazas mozos!!!

APADRINAMENTO DUN LIBRO

Con varias actividades no colexio festexamos o DÍA DO LIBRO
Grazas A OS "PEQUECHOS" porque sempre nos ensinan a gozar A O GRANDE das actividades cotiás.



xoves, 21 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO

O  23 de abril  celebramos o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO. 
Estamos a decorar todo o colexio con distintas iniciativas para fomentar a boa lectura entre nós. 
SÉGUESNOS?





martes, 19 de abril de 2016

A COMBUSTIÓN

Nada mellor que facer prácticas na clase e experimentar.... 
Os nenos/as de 3º de primaria tivemos a explicación de que é a combustión no patio do colexio cun mini experimento con papel, lume e alcol.
Seguro que non se nos esquece!!!!!


VISITAMOS O PUNTO LIMPO DA COMARCA DE ARZÚA

Alumnas e alumnos de 5º de EP do noso colexio VISITAMOS o punto limpo de Arzúa. 
Levamos diversos materiais para a súa reciclaxe: pilas, toner, plásticos, tinta, etc... 
Explicáronnos como separaban por colectores para reciclar, o horario para o público en xeral e o transporte cara ás disferentes plantas de reciclaxe galegas.
Grazas, aprendemos moito.



XUNTANZA NO CAMIÑO DE SANTIAGO

Alumnas e alumnos de 3º de ESO e 6º de EP do noso colexio gozamos onte de de unha xornada de Camiño xunto cos alumnos de Lasalle de Palencia. 

Grazas amigos!!! 

¡BUEN  CAMINO !  BÓ CAMIÑO!

mércores, 13 de abril de 2016

CORREOS E BUZÓNS

Xa comenzamos co proxecto de CORREOS; podedes mirar a GALERÍA DE FOTOS na web do colexio. 
Os que queirades participar podedes facelo seguindo as normas dun correo postal: selo, dirección e remite
Tamén podedes vir o Colexio e ver cómo están decoradas as rúas, os buzóns e os edificios.
Grazas

martes, 12 de abril de 2016

PROXECTO "SERVIZO DE CORREOS"


Neste terceiro trimestre, o Colexio está inmerso nun novo proxecto, aínda que sen deixar de lado, "La Vuelta al Mundo en 80 Días". 
Esta vez, o noso cole está reconvertido nunha pequena cidade, coas súas rúas e prazas. 
En todas as aulas e espazos, hai buzóns para poder cartearnos coa xente que queiramos; os papás se queredes, teredes un buzón na praza de Don Baltasar ( na entrada de Secretaria) para poder deixar as vosas cartiñas.....

As cartas deben levar dirección, remite e selo (podedes debuxalo ou recortar dunha revista). 
A gran Empresa Correos, está a se involucrar neste proxecto, e xa nos mandou material para que poidamos facelo ben....
As nosas dirección son..... (pinchad en el enlace) CORREOS

martes, 5 de abril de 2016

CALZADAS ROMANAS

Os alumnos de 5 anos explicaron aos alumnos de 1º de ESO a cultura de Roma despois de traballalo no seu proxecto trimestral "Calzadas Romanas".
Xa temos futuros profes!. Todos aprenderon moito. Seguiremos con este intercambio xeracional.
Grazas a papás, avós, profes, alumnos porque nos ensinastes moito...










luns, 4 de abril de 2016

BALONCESTO EN LUGO

Este fin de semana (2-4-2016) estivemos en Lugo participando dun partido de baloncesto.
Grazas aos nosos monitores de extraescolares, Anpa e aos profes do Colexio que fixeron posible esta tarde super divertida.
Pasámolo fenomenal.